De festa en festa e tiro porque... porque mañá non hai clase!!!
Avísanos a ANPA de que esta tarde se celebra na praza de abastos a tradicional festa de Samaín, organizada polo Concello (SEGUIR LIGAZÓN) coa colaboración da ANPA e da asociación Valeira.
Na festa haberá chocolate quente para tod@s @s que vos acheguedes e agasallos para os disfraces máis arrepiantes e as cabazas máis terroríficas.
Se desexas participar no concurso de cabazas decoradas deberás achegar o teu traballo á organización entre as 17:30 e as 19:00. Que non se che faga tarde!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario