Nas vésperas do Día de Rosalía, hoxe celébrase en todo o mundo o Día
Internacional da Lingua Materna.
NESTA NOTICIA do Portal da Lingua Galega podes coñecer máis
información sobre como esta iniciativa está a desenvolverse en Galicia.
Coincidindo tamén co aniversario que nos ocupa, e xa que falamos da nosa lingua materna, a plataforma Queremos Galego convoca unha manifestación que percorrerá as rúas de
Santiago pasado mañá, día de Rosalía, como nos contan nesta noticia de O Salto.
Pasado o tempo, se queres saber como discorreu a convocatoria, podes consultar ESTA NOTICIA do futuro no Faro de Vigo.
Pola nosa parte, e para conmemorar o nacemento da nosa poeta máis
importante, tiramos de tradición.
O concurso 'Imaxina Rosalía', na súa segunda edición, xa ten
gañador, ou gañadora, quen sabe?
Pasado mañá, día no que se
fan 188 anos desde o seu nacemento, faremos público o seu nome e a
obra escollida polo xurado. Polo momento sabemos cales son as propostas -escollidas polo xurado- que pasaron á final...
O alumnado de Primaria desenvolveu a actividade Ilustramos Poemas,
compoñendo ilustracións a partir do poema que leron na aula.
Xa podemos ver algúns dos seus traballos ornamentando as paredes dos nosos
corredores.
Pero non só o alumnado de Primaria, tamén o de Infantil, que traballou arreo co moucho...
E, en canto o tempo o permitiu, o xardín de Rosalía viuse vestido con novas flores ("Nasín cando as prantas nasen, no mes das froles nasín..."), grazas á iniciativa do profesorado e á colaboración do alumnado do Centro.
Se algo podemos asegurar @s galeg@s é que nunca choveu que non escampase...
Ningún comentario:
Publicar un comentario