RETO CONSEGUIDO
Unha
semaniña, xa pasou unha semana, desde que se publicaron os videos do alumnado
do noso centro recitando a Rosalía, para celebrar o seu día, para chegar a
todos os recunchos onde haxa un amigo ou amiga da nosa lingua.
Unha
semana, son sete días, case nada, un periodo de tempo curto, pero neste caso,
intenso e frutífero.
Durante esta tempada puidemos compartir,
expandir, espallar, difundir e sobre todo, recrearnos e deleitarnos coas
fermosas poesías de Rosalía, nas voces do alumnado do CPI PONTECESURES, desde
os 3 anos ata a ESO.
Ollando a
convocatoria deste reto “Fai viral a Rosalía” podemos concluír que grazas ao
voso empeño e colaboración, proclamamos o RETO CONSEGUIDO.
RETO
ACADADO, por todxs, non hai máis que ver as visualizacións dos videos. Desde o
Equipo de Dinamización da Lingua Galega, estamos orgullosos de todxs vós e das
vosas familias pola súa implicación nesta proposta, entre todxs fixestes rexurdir a Rosalía, a nosa cultura e a nosa
lingua.
Nesta
angueira ou empresa na que todxs vos comprometestes, non só hai un gañador ou
gañadora en cada categoría, como rezaban as bases deste Reto, senon que gañamos
todxs, gaña Rosalía e gaña a nosa lingua, que ao fin e ao cabo é o máis
importante.
NORABOA A TODXS!
O
GALEGO DI “ GRACIÑAS por coidarme, mimarme e falarme.”
Agora
imos ver as estatísticas da canle de youtube:
Desde
o 19 ata o 26 de febreiro a canle do EDLG de Pontecesures recibiu en total 22.377 visualizacións.
Gañadores
por categorías:
Infantil: Laura (3 anos) 1.066
visualizacións.
Primaria: Juan e
Mateo
(1º e 3º) 4.052 visualizacións.
Secundaria: Uxía (1º ESO) 270
visualizacións.

* Lembrade canxear o vale antes do 31 de marzo.
NORABOA A TODXS!
Agardámosvos
en vindeiros retos!
Seguide
así de espléndidos!