xoves, 29 de decembro de 2022

CONCERTO con GUILLE

 Xoves, 22 de decembro, no centro recibimos unha visita con moito ritmo, Guille un dos compoñentes do grupo de rock compostelán Sr Salvaje.

Comezou por realizar unha charla con rapaces e rapazas da ESO, para rematar dando un concerto en compaña dalgún deste alumnado, asi como cós mestres de música do centro, Andrea e David, a mañá estivo moi animada. Ata tivo club de fans!








mércores, 21 de decembro de 2022

CANTOS DE NADAL da man de ALGUEIRADA

 Este martes 20, recibimos unha charla-obradoiro musical sobre cantos de Nadal, por parte da Asociación Cultural Algueirada. 

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria, pudo gozar desta estupenda proposta, coñecendo instrumentos como: a gaita, o acordeón, o tambor,...asi como, as panxoliñas propias deste tempo de Nadal, tradicionais da nosa terra:

- Os Nadais do 24 de decembro.

- As rondas do 25 ao 30 de decembro.

- Aninovos ou aguinaldos.

- Manueles.

- Xaneiras.

- Cantos de reis,...

Tamén puideron escoitar e ver unha danza de Reis, que moi ben representaron Lara e Paula.

Aquí podedes ver o obradoiro. 


Agradecemos ós compoñentes de Algueirada o seu bo facer con esta proposta.

ACTIVIDADES COMPARTIDAS: CONTACONTOS - TEATRO

 Este ano, continuamos compartindo experiencias entre aulas.

Experimentos

Recitar poemas

Contacontos

Teatro...

Hoxe deixamos constancia destes feitos, con dúas propostas:

- O alumnado de 1º veu á aula de 2º a contarlles o conto " Unha vella e un vello" de Neves Estévez e Pepe Carreiro. Un conto tradicional de estructura acumulativa. a semana pasada foi a Infantil.


- O alumnado da área de Valores de 2º, prepararon unha peza de teatro e representáronna para o alumnado de Infantil, 1º e os seus compañeiros de clase. Na obra puideron ver como tod@s podemos facer cousas, aínda que nos parezan difíciles, que non debemos facer caso ante as críticas negativas ou burlas dos demáis, hai que seguir adiante, tod@s levamos un ser valente dentro.


RECIBIMOS POSTAIS do alumnado de 2º de Catoira

 Nadal é tempo de emocións, sobre todo, ledicia. Coma a que nos provocou a chegada de postais do alumnado de 2º de Primaria do CPI Progreso de Catoira, correspondendo así ás que lles enviaran a semana pasada os de Pontecesures.

Bo traballo rapaces e rapazas! 

Entre tod@s lograremos que o galego permaneza vivo, rebulindo entre nós, levando nos beizos os mellores desexos, da maneira máis tenra e fermosa, en formato postal creada e realizada coas vosas propias mans, coa vosa letra, coa vosa voz, coas vosas emocións.

Parabéns para tod@s e graciñas.



mércores, 14 de decembro de 2022

POSTAIS DE NADAL para CATOIRA e A ILLA

 Dentro do proxecto " PALABRAS QUE VEÑEN E VAN"  nas postais de Nadal tamén van fermosas palabras en galego para felicitar estas festas e o vindeiro ano 2023, ós colegas de Catoira e da Illa de Arousa. 

Queremos aproveitar estas fermosas imaxes para felicitar a toda a comunidade educativa do noso centro, alumnado, profesorado, persoal non docente (administrativa, conserxe, limpadoras), familias e veciños e veciñas do noso Concello, porque tod@s forman parte do plan educativo das futuras xeracións, actual alumnado do centro.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega desexa

" que o vindeiro ano 2023 veña cargado de SAÚDE, PAZ, PROSPERIDADE e MOITO AMOR e que o poidamos compartir cós nosos seres querid@s"








PALABRAS QUE VEÑEN E VAN

 Baixo o título " PALABRAS QUE VEÑEN E VAN" agóchase o proxecto da Biblioteca do centro este curso. As diferentes aulas realizarán propostas arredor desta liña de traballo ó longo do curso.

Este proxecto, é ideal para desenvolver o obxectivo que figura no noso Proxecto lingüístico de centro,

Obxectivo: Vincular o galego a outras manifestacións

 culturais que forman parte da identidade dos galegos,

 lembrando o seu valor como legado cultural de todas as

 xeracións que nos precederon e como vestixio vivo da

 diversidade de pobos que conformaron a nosa idiosincrasia

 colectiva.

 No mes de outubro xa comezamos a aula de 2º ( "a clase das piruletas") a facer actividades con moita ilusión, por exemplo:

Compartir / intercambiar propostas “ Palabras que veñen e van”, entre as distintas clases do centro e con outros centros da contorna ( CEIP Torre- Illa de Arousa e CPI Progreso- Catoira). Por ex: Palabras encadeadas, contos enlazados, as palabras máis fermosas...

Para levar a cabo esta proposta intercentros, usaremos distintos medios de comunicación: carta/ correo postal, correo electrónico, whatsapp, videochamadas e por suposto, os blogs dos distintos centros.

Comezamos escribindo unha carta para ámbalas dúas aulas de 2º dos centros implicados neste proxecto, enviando no mesmo sobre a 1ª palabra da cadea. Despois fomos recibindo as cartas coas segundas palabras, e así seguiremos ata facer unha cadea de alomenos 20 palabras.

Compartimos tamén postais para felicitar o Nadal...

Recibimos carta de Catoira. Que emoción!


Carta do cole da Illa de Arousa. Que ilusión!

xoves, 8 de decembro de 2022

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Ó longo deste mes leváronse a cabo unha serie de experimentos nas distintas clases, algúns foron compartidos con outras aulas. Por exemplo: "Os debuxos que cobran vida" realizado polo alumnado de 2º e que foron a explicar e ensinar por distintas aulas.



Na aula de 5º investigaron sobre as distintas formas de reproducción do mofo no pan, elaboraron distintas mostras con diferente tipo de pan, mollado ou seco,...Recollendo os resultados observados nos seus cadernos.



mércores, 7 de decembro de 2022

O BOSQUE DESENCANTADO

 No día de hoxe , o alumnado de 3º e 4º de Primaria, pudo gozar coas aventuras de dous seres  máxicos,  de Terra e  Auga, coa obra " O bosque desencantado", da man de dúas actrices do grupo " PEGADAS CULTURAIS"

Terra e Auga embarcaron á rapazada nunha aventura a través da cal, foron coñecendo conceptos como: os cortalumes naturais, as especies invasoras e as autóctonas de Galicia (tanto da flora como da fauna),... Durante a obra o alumnado formou parte activa da aventura, recoñecendo os distintos elementos, resolvendo misterios/problemas que acontecen no bosque, recollendo o lixo "do río", etc.

A proposta foilles amena, divertida, e sobre todo, provocou neles unha mellor concienciación sobre os problemas que o ser humano lle pode provocar á natureza e a importancia que ten ésta para nós.

Aquí deixamos imaxes da actividade



Se queredes levar esta ou outras actividades medioambientais ao voso centro buscade @pegadasculturais_ en Instagram!

Quero rematar esta entrada cun poema do poeta da Terra Chá, que como ninguén soubo falar da natureza, de todos os seus elementos, animais, vexetais, domésticos ou salvaxes. 

A LEBRE

 Corre, lebre, corre lebre

 e fuxe pró teu burato 

onde te está agardando, 

con impaciencia, o lebrato.


-Corre, lebre; lebre, corre

 que te sigue o cazador

 coa súa escopeta cargada 

e o seu galgo corredor.


-Corre lebre; lebre corre 

corre que te correrás, 

¡que si lle foxes ao galgo

 do cazador librarás…! 

(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972, Manuel María)