mércores, 7 de decembro de 2022

O BOSQUE DESENCANTADO

 No día de hoxe , o alumnado de 3º e 4º de Primaria, pudo gozar coas aventuras de dous seres  máxicos,  de Terra e  Auga, coa obra " O bosque desencantado", da man de dúas actrices do grupo " PEGADAS CULTURAIS"

Terra e Auga embarcaron á rapazada nunha aventura a través da cal, foron coñecendo conceptos como: os cortalumes naturais, as especies invasoras e as autóctonas de Galicia (tanto da flora como da fauna),... Durante a obra o alumnado formou parte activa da aventura, recoñecendo os distintos elementos, resolvendo misterios/problemas que acontecen no bosque, recollendo o lixo "do río", etc.

A proposta foilles amena, divertida, e sobre todo, provocou neles unha mellor concienciación sobre os problemas que o ser humano lle pode provocar á natureza e a importancia que ten ésta para nós.

Aquí deixamos imaxes da actividade



Se queredes levar esta ou outras actividades medioambientais ao voso centro buscade @pegadasculturais_ en Instagram!

Quero rematar esta entrada cun poema do poeta da Terra Chá, que como ninguén soubo falar da natureza, de todos os seus elementos, animais, vexetais, domésticos ou salvaxes. 

A LEBRE

 Corre, lebre, corre lebre

 e fuxe pró teu burato 

onde te está agardando, 

con impaciencia, o lebrato.


-Corre, lebre; lebre, corre

 que te sigue o cazador

 coa súa escopeta cargada 

e o seu galgo corredor.


-Corre lebre; lebre corre 

corre que te correrás, 

¡que si lle foxes ao galgo

 do cazador librarás…! 

(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972, Manuel María)

Ningún comentario:

Publicar un comentario