xoves, 31 de marzo de 2022

ENTRE VIDROS E CAMELIAS

     Este mércores 30, a  Asociación de Mulleres do Rural de Valga “Albor”, ofreceu unha actividade formativa dirixida ao alumnado de infantil e primaria sobre as “Camelias “e o “Traballo do vidro de xeito artístico”.                                          

 Con respecto ás Camelias, Mina, unha gran coleccionista destas plantas, en posesión de dúas camelias de ouro, explicounos a través de diferentes mostras, a orixe destas flores preciosas, os coidados das mesmas, os nomes, como por exemplo a camelia Cupido, a Rosalía, Bella Otero, etc.

     Sobre os Vidros, Sonia, a mamá dunha nena de 2º,ensinounos as diferentes formas de traballalo dun xeito artístico, mediante figuras, colgantes ou lámpadas. E tamén nos amosou o traballo sobre tellas. Todo espectacular!






DÍA DO TEATRO

 


O 27 de marzo celébrase o Día  Mundial do Teatro.

 Para conmemorar esta data, no noso centro ó longo desta semana, realizáronse unha serie de propostas.

1ª proposta: o alumnado de 1º da ESO, organizados pola mestra de Xeografía e Historia, dramatizaron o conto " COCORICO" para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria.

Seguide así rapaces e rapazas, grazas polo voso traballo e agardamos máis actuacións!



2ª proposta: o alumnado de 1º de Primaria, representa unha adaptación ao teatro dunha historia creada por un alumno de 3º, Xenaro, cando cursaba 2º, titulada SUPERPREGUICEIRO, signada en lingua de signos. Aquí está o video, agardamos que vos guste.


 

mércores, 16 de marzo de 2022

O PREMIO de " A NOSA ROSALÍA"


O pasado 23 de febreiro o alumnado de 1º de Educación Primaria gañaba o 2º Premio do Concurso de Poemas Musicados "A nosa Rosalía", organizado pola Deputación de Pontevedra. Presentáronse na categoría CAMPANIÑAS cunha versión de "Campanas de Bastabales", baseada na interpretación que fixo o grupo galego Os d´Abaixo da musicalización realizada por Amancio Prada deste poema tan coñecido de Rosalía de Castro.

Os outros centros premiados nesta categoría foron o CEIP Mestre Manuel García (Oia) e o CEIP San Clemente de César (Caldas de Reis).

Esta semana está resultando moi emocionante para este grupo.

Onte conseguían contactar por videoconferencia con Xacobe Varela, vocalista e gaiteiro do grupo Os d´Abaixo. E pasaron un rato agradable falando con el de temas como: 

- o difícil que é ter unha banda,

- do primeiro concerto,

- do nome do grupo,

-recomendoulles outros grupos musicais, artistas, cancións,...

- da súa mascota ( o seu gato Antonio)

- da sua comida favorita,...

Hoxe recibiron os agasallos correspondentes ao 2º premio, que lles enviou a Deputación Provincial de Pontevedra. Foi un día de moita ilusión, case tanta coma cando realizaron a gravación.


Volvemos deixar o enlace á actuación premiada.





sábado, 12 de marzo de 2022

ATRÉVETE A PESCUDAR CON ELAS!

 

 A Universidade da Coruña propón esta actividade para celebrar o Día da Muller na Ciencia. É unha proposta moi interesante, a través da cal podemos ver mulleres científicas, que nos falan do seu traballo e de como chegaron aí, dándolle a posibilidade aos nenos e nenas de que lles fagan preguntas a través dunha gravación.

Aquí vos deixamos os enlaces da proposta da UDC.

Proposta para Primaria

Proposta para Secundaria 

martes, 8 de marzo de 2022

PREMIADOS CONCURSO " FAI VIRAL A ROSALÍA"

Premios do xurado:

O venres 4 de marzo, reuníuse o xurado composto por un membro de cada Equipo Docente: de Biblioteca, Convivencia, Extraescolares e Complementarias, TICs e Dinamización da Lingua Galega, aínda que a excelente calidade das gravacións, complicou a tarefa de elexir tres gañadores, finalmente, saíron os tres premiados, que recibirán de agasallo un vale para material escolar, por valor de 60 euros.

Gañadores:

Damián de 6º de EP

Xián e Matilda de 1º e 3º de EP

Cayetana de 1º de EP. 

Premio ao máis visto:

Obtén o mesmo premio o video máis visualizado ata o día 3 de marzo, momento en que se pararon os videos para que, dous días despois, se puideran consultar as estatísticas de reproduccións en youtube.

 Neste eido resulta gañador Yago de 3º de EP con 664 reproduccións.

FELICIDADES A TODXS!! 

Xa podedes volver a ver os videos e agardamos que sigades participando en vindeiras edicións deste concurso e noutras propostas deste equipo. 



martes, 1 de marzo de 2022

ENTROIDO 2022

 Entroido, semana bulideira  e chea de festa, que era moi necesaria.

E como cumio desta semana buliciosa, DESFILE  con actuación na Plazuela de Pontecesures.

As Tanxugueiras actuaron para todxs na Plazuela coas voces, música e coreografía do alumnado do centro.

Temática dos disfraces " Choqueiros"

Aí van unhas imaxes.

Dous días antes unhas Tanxugueiras encantadoras apareceron no noso cole, na clase de 1º.



Antes do desfile






                                         Ensaios

                                   

                            Na Plazuela ( música e voces en directo) 

                     Agardade ao video oficial, que sairá en breve.



DÍA DE ROSALÍA A TOPE!

 Este curso a coincidencia do Entroido có Día de Rosalía fixo que tivésemos que andar a un ritmo frenético, pero ao final resultou moi productivo.

A continuación deixamos un resumo desta data tan sinalada en imaxes.

Tal como decía a comanda do meco " NESTA TERRA TEMOS SORTE DE TER SUPERHEROÍNA, A VER QUE SE CHE OCORRE PARA CELEBRAR A ROSALÍA" e moitos superhéroes e moitas superheroínas viñeron ao noso centro para colaborar con Rosalía para manter viva a nosa lingua. Grazas rapazas e rapaces.














Entrega de agasallos aos participantes, de Infantil e Primaria, no concurso " Fai viral a Rosalía" ( un libro de Rosalía, un marcapáxinas e unha chapa), grazas a todxs polo voso bo facer.



Actuación do alumnado de 1º de EP, coa canción do poema
 " Campanas de Bastabales"  que cantaron e bailaron, baixo a dirección de Andrea, a mestra de música. 

Esta actividade foi presentada ao concurso " A nosa Rosalía" da Deputación de Pontevedra. E coa que acadarían o 2º premio. 


Alumnado de 2º e 4º da ESO colaboraron para plantar a camelia chamada Rosalía, que foi agasallo da Deputación de Pontevedra polo premio recibido o alumnado de 1º. 
Noraboa a todxs! Sodes uns e unhas grandes artistas!


Xa podemos publicar o video da vosa actuación.

Infantil tamén celebra o día de Rosalía cantando.

PRELUDIOS DO DÍA DE ROSALÍA

 Febreiro foi un mes cheo de actividades por e para Rosalía. Grazas a todos os equipos e departamentos que o fixestes posible. 

Comezamos pola ESO na área de Plástica, onde nos deseñaron distintas percepcións da figura de Rosalía.




O alumnado de 2º e  4º ESO, colaboraron co Departamento de Xeografía e Historia e o de Química e plantaron un xardín de pensamentos, para Rosalía.

Xardín de Rosalía presidido polo mural das Rosalías creadas por alumnado de 3º de Primaria a partir da imaxe da ilustradora Laura Romero.

Nas aulas de Primaria tamén se fixeron moreas de creacións, pensamentos en formato broche, cadros, murais, ...



Na área de francés de Primaria, elaboraron a flor de pensamento combinando as bandeiras galega e francesa.

Os pensamentos comparten espazo cas imaxes de Rosalía no taboleiro de Dinamización.

Os pensamentos coa imaxe de Rosalía e co poema adiós ríos, adiós fontes.
E a traducción deste mesmo poema a distintos idiomas: italiano, catalán,... invadiron os corredores do centro.