Febreiro foi un mes cheo de actividades por e para Rosalía. Grazas a todos os equipos e departamentos que o fixestes posible.
Comezamos pola ESO na área de Plástica, onde nos deseñaron distintas percepcións da figura de Rosalía.
O alumnado de 2º e 4º ESO, colaboraron co Departamento de Xeografía e Historia e o de Química e plantaron un xardín de pensamentos, para Rosalía.
Xardín de Rosalía presidido polo mural das Rosalías creadas por alumnado de 3º de Primaria a partir da imaxe da ilustradora Laura Romero.
Nas aulas de Primaria tamén se fixeron moreas de creacións, pensamentos en formato broche, cadros, murais, ...
Na área de francés de Primaria, elaboraron a flor de pensamento combinando as bandeiras galega e francesa.
E a traducción deste mesmo poema a distintos idiomas: italiano, catalán,... invadiron os corredores do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario