luns, 27 de febreiro de 2023

23 de Febreiro - Día de Rosalía !


Un ano máis, conmemoramos o día da nosa Rosalía. A coincidencia cos días non lectivos post-entroido fixo que tivésemos que andar ás presas de novo. A maiores do concurso "Fai viral a Rosalía!" (que, por certo, remata hoxe o prazo para visitar os vídeos, polo que vos deixamos aquí a ligazón da canle de YouTube do Trasno), ilustramos versos, estrofas, poemas... de Rosalía, ademais de plantar o "Xardín dos pensamentos" de Rosalía.




Ademais, os nenos/as de primeiro musicalizaron "Alborada", polo que vos deixamos tamén a súa proposta a continuación.
















 

Vexo, Veo Xacobeo

Durante este curso, co alumnado de 1º e 2º, xunto coas titoras e a profe Guada, estamos participando no programa Vexo, veo Xacobeo, dentro do Plan Proxecta. Tras recibir a carta de Tina Calixtina e equipala para facer o camiño, repasamos os símbolos que se vai atopar na súa viaxe ata Santiago.









luns, 20 de febreiro de 2023

FAI VIRAL A ROSALÍA - COMPARTIMOS PROPOSTAS

Tras rematar o período para participar no concurso, agora toca visualizar e compartir, para facer viral a Rosalía.

Tamén nos toca felicitar aos participantes. Orixinais, creativos, coas mellores localizacións,...noraboa a todxs!

Entrade na canle de YouTube do EDLG DO CPI PONTECESURES ou nas seguintes ligazóns.

* Os videos deben ser vistos por completo para que contabilicen as visualizacións. Tal como se reflicte nas bases do concurso, hai ata o 27 de febreiro para seguir sumando visitas. Adiante!

 O importante é expandir e fortalecer a nosa lingua!

 E dar a coñecer á nosa Rosalía!












martes, 14 de febreiro de 2023

Visita de Susa Herrera


A pasada semana visitounos, na biblio do cole, a gran Susa Herrera. O alumnado de Ed. infantil, 1° e 2° pasámolo xenial cantando e bailando con ela os seus 'Cantos animais'.

Se alguén quedou con gañas de seguir cantando na casa. O seu libro pode mercarse en: cantosanimales.libroslar.com


sábado, 11 de febreiro de 2023

DÍA DA PAZ

O pasado 31 de xaneiro celebramos no centro a conmemoración do "Día da Paz", que nesta ocasión tivo como tema de traballo a paz interior, a resistencia á frustracción, a xestión das emocións e o mindfulness.

Durante este día, tiveron lugar diversas actividades e obradoiros, como "A viaxe de Eire, o año valente", co alumnado de 5 anos e 4º de Primaria, ou "Espertando ao guerreiro interno", para 1º da ESO. Ademais, tanto o alumnado de 2º da ESO como os de 6º de Primaria traballaron no "Obradoiro de voces africanas".

Finalmente, tivemos o acto de conmemoración, o cal podedes consultar no seguinte vídeo:





xoves, 2 de febreiro de 2023

FAI VIRAL A ROSALÍA


Febreiro, mes de entroido e... mes de Rosalía. Un curso máis, para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, ante o éxito do anterior, volvemos propoñer o reto de facer viral a Rosalía.

Unha vez máis, este reto conta coas mesmas condicións, coa novidade de que os vídeos se usarán, tamén, para "Sementando poesías no camiño".

Anímate a participar! Agardamos polos vosos vídeos.