martes, 22 de decembro de 2020

O CREBANOCES- FESTIVAL DE NADAL VIRTUAL

 Ante a imposibilidade de reunirnos todos os cursos para celebrar o Festival de Nadal como nos cursos pasados, a proposta do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares foi a gravación dun conto musicado: O Crebanoces, contando con todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

A música que soa pertence ao ballet de Chaivkosky, que a súa vez se basea nun conto de Hoffman ambientado na Noite de Nadal, de aí esta elección.

Agradecer a colaboración da teacher Ana e Lindsay na realización de todas as manualidades para a posta en escea.

Ademais, esta actividade interdisciplinar está directamente vinculada co proxecto anual elixido para o PLAMBE que leva por título "A música no cine".

Agardamos que vos guste e noraboa a todas e todos os artistas participantes!





VISITA SORPRESA DE PAPÁ NOÉL E AXUDANTES

Ademáis este día de finais do primeiro trimestre tivo algunha sorpresiña máis para os peques. Papá Noél e os seus axudantes viñeron recoller as cartas dos raparigos e raparigas, e puideron falar con el, fixeron fotos,...Foi moi emocionante!




Grazas ao Concello pola súa colaboración.


domingo, 20 de decembro de 2020

BELÉN DE PORTO

 O alumnado de 2º de Primaria visitou este xoves, o Belén artesanal de Porto. Noraboa aos veciños que traballaron un ano máis na montaxe e elaboración do mesmo. Destacar o ben que conservaron as figuras do ano pasado feitas en bimbio e a árbore composta de follas naturais, CDs e tapóns de cores.





Aproveitaron a saída para aprender as rúas do Concello polas que pasaron. 





Rematando diante dun edificio histórico, o Alfolín ( almacén de sal). 


Aquí están diante do Alfolín de Rendas ( 1790). É un edificio exemplo da arquitectura  civil do Barroco, dos tempos de Carlos IV.

A súa construción foi froito da necesidade de dispoñer dun espazo no que almacenar certos produtos de valor derivados da actividade comercial, que naquela época se levaba a cabo neste Concello.
Naqueles tempos, o porto de Pontecesures era o único na ría de Arousa que contaba con autorización para a carga e descarga de sal, desde 1467. Posteriormente incluiríanse outros produtos coma o tabaco, o xofre, a pólvora,...
Hoxe en día tamén se coñece co nome de " a factoría", dando nome ao lugar no que se atopa " Barrio da Factoría" 
Na fachada do edificio destaca o escudo dos Borbóns.

venres, 18 de decembro de 2020

UN NADAL DIFERENTE

 NADAL DIFERENTE PERO AGARDAMOS QUE SEXA UN BO NADAL, PRELUDIO DUN ANINOVO MELLOR, CAMIÑO DA NORMALIDADE.

Con todas as medidas do protocolo Covid, nos centros escolares vémonos moi limitados na celebración de datas tan sinaladas coma na que nos atopamos. Aínda así, quixemos darlle un chisco de espírito de Nadal á nosa escola, coa colaboración de todo o alumnado, desde Infantil ata a ESO. 

Repartíronse unhas arboriñas para que o alumnado decorara e escribira neles os seus desexos para este Nadal, con todas as árbores elaboramos unha árbore máis grande á que denominamos " A ÁRBORE DOS DESEXOS", que foi colocada na entrada do centro.

Todxs estamos anhelando que se cumplan todos estes desexos que poderían resumirse en:




E a árbore final quedou así:




As fiestras das aulas tamén relocen cos debuxos de Nadal dos raparigos e raparigas.


Na porta de 6ºB brilla tamén a árbore de Nadal
















mércores, 2 de decembro de 2020

SONHAMOS, CERTAME DE VIDEOS MUSICAIS

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA RECIBE CON MOITO AGRADO ESTA 

MENSAXE DA NOSA COMPAÑEIRA DE MÚSICA SOBRE UN TRABALLO FEITO CO

 ALUMNADO DE 5º E 6º.


 Estimadas paroleiras e paroleiros:

Nas aulas de 5º e 6º realizamos, ao longo do mes de outubro, un CERTAME DE VÍDEOS MUSICAIS para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado, como xa sabedes, a Carvalho Calero.

Achegámonos á vida e obra de D. Ricardo de man do tema ‘Sonho de Catarina’, do grupo galego A banda da Loba, que se basea  nun poema deste autor.  

Decidimos chamarlle ao proxecto 'Sonhamos, Certame de vídeos musicais', por dúas cuestións: porque o poema fala dun soño e porque a partir do mesmo nós puidemos soñar os nosos propios vídeos.

Primeiro, traballamos a letra e a forma musical da canción, así como o poema no que se basea. A partir de aí, deseñamos unha serie de imaxes (empregando os nosos ordenadores) para cada unha das partes do tema musical.

Agardamos que vos guste o resultado:

5º: https://www.youtube.com/watch?v=eL7OTccTu2s

6ºA: https://www.youtube.com/watch?v=MDGb5JBIMZo

6ºB: https://www.youtube.com/watch?v=M0g0tXCt2Jo


Encántanos recibir todo tipo de propostas nas que a nosa lingua florece como flor de 

primavera, todas estas iniciativas, axudan a que o galego non murche. 

Graciñas Andrea.

Animádevxs compañeirxs, compartide con todxs as marabillosas propostas que estades 

facendo, démoslle alento ao galego.