O alumnado de 2º de Primaria visitou este xoves, o Belén artesanal de Porto. Noraboa aos veciños que traballaron un ano máis na montaxe e elaboración do mesmo. Destacar o ben que conservaron as figuras do ano pasado feitas en bimbio e a árbore composta de follas naturais, CDs e tapóns de cores.
Aproveitaron a saída para aprender as rúas do Concello polas que pasaron.
Rematando diante dun edificio histórico, o Alfolín ( almacén de sal).
Aquí están diante do Alfolín de Rendas ( 1790). É un edificio exemplo da arquitectura civil do Barroco, dos tempos de Carlos IV.
A súa construción foi froito da necesidade de dispoñer dun espazo no que almacenar certos produtos de valor derivados da actividade comercial, que naquela época se levaba a cabo neste Concello.
Naqueles tempos, o porto de Pontecesures era o único na ría de Arousa que contaba con autorización para a carga e descarga de sal, desde 1467. Posteriormente incluiríanse outros produtos coma o tabaco, o xofre, a pólvora,...
Hoxe en día tamén se coñece co nome de " a factoría", dando nome ao lugar no que se atopa " Barrio da Factoría"
Na fachada do edificio destaca o escudo dos Borbóns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario