martes, 21 de decembro de 2021

FESTIVAL DE NADAL

 Este curso celebramos o festival de Nadal atendendo ás medidas Covid, con distancia, uso de máscaras,... Pola mañán celebrouno Primaria e pola tarde Secundaria. O alumnado de todos os cursos realizou unhas actuacións alucinantes, fantásticas, baixo a batuta do profesorado de música, Andrea e David, que mesmo participaron nalgunhas actuacións.

Tamén viñeron os paxes reais, que recolleron as cartas dos máis pequenos e repartiron chuches.

Unha xornada lectiva, festeira moi ben aproveitada.

Cunha das manualidades do alumnado de 3º e 4º de Primaria, queremos desexar a toda a comunidade educativa unhas

FELICES FESTAS!

QUE O 2022 VEÑA COLMADO DE ILUSIÓNS E MOITA SAÚDE!!

E agora unhas imaxes do festival.












VISITA AO BELÉN DE PORTO

 Un ano máis, a pesar do coronavirus, un grupo de veciños do lugar de Porto, realizou o Belen, con materiais reciclados, sobre todo tapóns de plástico, quedoulles "divino". O alumnado dos cursos de 1º e 2º de Primaria, foron visitalo o luns día 20. Puideron escoitar como o fixeran da boca da súa deseñadora, fixéronlle preguntas sobre canto tempo lle levara preparalo, cantas persoas participaron,...

A saída foi moi educativa, ata pasou o tren. No camiño fomos vendo os nomes  das rúas polas que pasamos: sendeiro verde de Borobó, a rúa Miguéns Parrado, a de Carlos Maside, a Praza dos Valeiros (lugar onde se atopa o Belén),...












ENFERMEDADES INFANTÍS

 Baixo o título " Enfermedades Infantís" descubrimos un mural, realizado polo alumnado de 4º de Primaria. Nestes tempos nos que todo xira arredor do coronavirus, non debemos esquecer ás enfermidades comúns, que aínda seguen aí, por suposto con menos complicacións grazas ás vacinas, pero están entre nós.



xoves, 16 de decembro de 2021

COMPOSICIÓNS E ACTUACIÓNS DE DAVID REGUEIRO

 Vídeo en directo da canción "Mulher" do grupo ALÊM en A Casa das Crechas.

A música está realizada por David Regueiro a partir dun poema de Carvalho Calero.





mércores, 1 de decembro de 2021

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA

 Este luns, o alumnado da aula de 6º de Primaria, recibiu un obradoiro de banda deseñada, grazas ao Correlingua. Así, puideron achegarse ao apaixoante e divertido mundo dos cadriños ou viñetas, da man do ilustrador Víctor Boullón.

Aí quedan unhas imaxes da actividade " Banda deseñada con historia"