martes, 30 de xaneiro de 2024

Celebración do Día da Paz

Co propósito de celebrar o Día da Paz o Equipo de Convivencia e o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares organizaron para a mañá de hoxe unha xornada ben cargada de eventos.
En primeiro lugar, o alumnado de 6º de E.P. asistiu a un obradoiro de ecopercusión.

Durante o seu primeiro recreo, o alumnado de E.S.O. gozou dunha chocolatada para logo ser relevado polos seus compañeiros e polas súas compañeiras de E.I. e E.P.


O cartel escollido para anunciar a chocolatada (obra de Lucía Pérez Delgado, de 6º de E.P.), que xa non o diciamos, foi o seguinte:

NESTA LIGAZÓN podedes ver outros deseños propostos para o concurso.

Ao tempo, na Biblioteca do noso Centro, era o alumnado de 2º de E.S.O. o que asistía ao obradoiro de ecopercusión.

Para rematar a xornada, celebrouse cadanseu Acto de lectura do Manifesto a prol da Paz, coas actuacións dos grupos que asistiron aos obradoiros de ecopercusión: en primeiro lugar celebrouse o correspondente a E.I. e E.P. 

Máis tarde, para pechar a mañá, o de E.S.O.

Unha xornada, salta á vista, para non esquecer.

luns, 29 de xaneiro de 2024

Pontecesures, nos premios Goya

A galega María Vázquez é unha das candidatas a gañar o premio Goya á mellor actriz protagonista polo seu traballo no filme Matria, rodado en lingua galega e, en parte, no noso Concello, Pontecesures.
Pero non é a única: o vigués Álvaro Gago tamén optará ao galardón na categoría de mellor director novel, polo seu traballo no mesmo filme.
Aínda que só sexa por iso xa temos a quen animar o sábado 10 de febreiro, día no que se entregan os premios.
Se queres coñecer máis sobre o filme ou sobre María Vázquez podes seguir esta ligazón á entrevista que lle fixeron na Radio Galega (SEGUIR LIGAZÓN). Se che interesa ler unha entrevista cos dous nominados (antes de que o fosen), fai click AQUÍ.

martes, 23 de xaneiro de 2024

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA - MEDIO AMBIENTE

O noso Centro convoca o II Concurso de fotografía, centrado este ano no Medio Ambiente.

Velaquí tes o cartel para que non te esquezas de participar nel e as bases do concurso.

O 28 de xaneiro remata o prazo de presentación de traballos!!!

martes, 16 de xaneiro de 2024

PÍLULAS DE LINGUA GALEGA: FRASEOLOXÍA, LOCUCIÓNS E FRASES FEITAS

Nunca está de máis recordar cales son os fundamentos da nosa lingua.
Por iso, de cando en vez deixámosvos algúns recursos relativos a eles; hoxe:

- FRASEOLOXÍA

- LOCUCIÓNS E FRASES FEITAS

martes, 9 de xaneiro de 2024

Visita aos beléns de Valga e Porto

O día 20 de decembro o alumnado de 3º de E.P. visitou o belén de Valga, que calificaron de "alucinante", como se pode comprobar nas imaxes desta presentación (SEGUIR LIGAZÓN).
O día seguinte tocoulle o turno ao belén de Porto en Pontecesures, e neste caso foron as aulas de 2º e de 3º de E.P. as afortunadas, un belén feito de mimbre e ganchillo que monta un grupo de veciñas, "un grupo de señoras que temos a ilusión de ver a cara de alegría dos meniños e das meniñas", según explica Ramona, que nos dá un exemplo estupendo de como facer decoracións navideñas empregando materiais reciclados; xenial! Na seguinte presentación (SEGUIR LIGAZÓN) tedes imaxes da nosa visita.