A galega María Vázquez é unha das candidatas a gañar o premio Goya á mellor actriz protagonista polo seu traballo no filme Matria, rodado en lingua galega e, en parte, no noso Concello, Pontecesures.
Pero non é a única: o vigués Álvaro Gago tamén optará ao galardón na categoría de mellor director novel, polo seu traballo no mesmo filme.
Aínda que só sexa por iso xa temos a quen animar o sábado 10 de febreiro, día no que se entregan os premios.
Se queres coñecer máis sobre o filme ou sobre María Vázquez podes seguir esta ligazón á entrevista que lle fixeron na Radio Galega (SEGUIR LIGAZÓN). Se che interesa ler unha entrevista cos dous nominados (antes de que o fosen), fai click AQUÍ.
luns, 29 de xaneiro de 2024
Pontecesures, nos premios Goya
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario