xoves, 23 de xuño de 2022

FIN DE CURSO

 O 22 de xuño foi unha data moi buliciosa, con moita algarabía, batifondo e moi moi emotiva. Por moitas razóns, fin de curso, significa moitas cousas, non só a chegada das tan desexadas vacacións, senon, a consecución ou non dos obxectivos (as notas), a festa cós compañeiros e compañeiras, as despedidas, de compañeiros/as que se van, de mestres e mestras que rematan ciclo, ou que se van do centro, por concurso ou por xubilación, os que viñeron substituíndo a outrxs,...

Por todo o dito e máis, o noso centro neste día estivo cheo de emocións. Ledicia e tristura, revoaban entre nós, coma bolboretas que ían dun xardín florido a un inhóspito deserto.

Quero comezar a presentación en imaxes cunha das máis emotivas do día, a despedida das mestras ROSA e PATRICIA. 

A ROSA desexámoslle todo o mellor nesa nova andaina que comeza, nesa etapa da vida que todxs desexamos gozar algún día, a XUBILACIÓN. Sabemos que pola súa forma de ser, vai seguir moi activa, coma sempre. Imos botala en falta todxs ( mestrxs e alumnxs), despois de 18 anos no noso centro, moitas xeracións de rapaces e rapazas coñécena dabondo e non é preciso dicir, que é unha mestra que deixa pegada.    PARABÉNS ROSIÑA!

A PATRICIA, queremos desexarlle moita sorte no seu novo destino. Que siga coma sempre, GRANDE en todos os sentidos! BIQUIÑOS PATRI!

Agora imos co festival propiamente dito, festas nas aulas, actuación dos bonecos do Show dos Pallasos, actuación do grupo Little Neno e rematando coa comilona nas aulas. Aí deixamos un video resumo.

FELICES VACACIÓNS! CARGADE AS PILAS PARA AFRONTAR CON MOITA ENERXÍA O VINDEIRO CURSO!

Reescribo aquí un poemiña creado en cinco minutos na aula de 3º, polxs cativxs, para a súa mestra Rosa:

"Rosa ti eres a árbore

do saber

que nos alimenta e nos inspira.

Que nos enche de valentía

para facer o que menos nos gustaría.

Ai, Rosa botarémoste de menos!

Como as pulgas ao pelo,

coma os toros ao vermello,

como a troita ao mero

coma os vampiros ao sangue.

Ai, Rosa eres marabillosa!"

EXPERIENCIAS COMPARTIDAS

Ó LONGO DESTE CURSO, LEVÁRONSE A CABO DIVERSAS EXPERIENCIAS COMPARTIDAS ENTRE OS DISTINTOS NIVEIS/ CURSOS/ ETAPAS. ESTE TIPO DE ACTIVIDADE MELLORA O COÑECEMENTO E RELACIÓN ENTRE GRUPOS, ESPERTA  A CURIOSIDADE, FOMENTA O INTERESE E AS HABILIDADES COMPETENCIAIS, DOS QUE EXPOÑEN E EXPLICAN O SEU TRABALLO E DOS QUE OBSERVAN, ESCOITAN, ...

PUBLICAMOS ALGÚNS EXEMPLOS:

MAQUETAS DE MATERIAL RECICLADO ( alumnado de 5º comparte con 1º de Primaria)


MAXIA POTAXIA (alumnas de 5º fixeron varios trucos rulando máxicamente por distintos cursos)





EXPOSICIÓN DE MAQUETAS  DE CASAS AUTOSOSTIBLES E CONSTRUCCIÓNS CON HISTORIA ( alumnado 2º ESO para todo o centro na Biblioteca)


TEATRO/ CONTACONTOS ( alumnado da ESO para Infantil e 1º e 2º de Primaria)

O alumnado de 1º da ESO que forma parte do grupo de Teatro que dirixe Luísa a mestra de Historia, representou para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria, unha adaptación feita polo profesora do conto “ O pequeno HOPLITA” de Arturo Pérez Reverte. Historia relacionada co tema da Biblioteca deste ano “ Historias da Historia” xa que fala dos guerreiros espartanos.

Con agasallo de pegatinas fomentando a lectura, elaboradas por un compoñente deste grupo de rapaces e rapazas da ESO. 

BRAVO! Agardamos que este tipo de propostas continúen no vindeiro curso!



Tamén realizaron sesións de contacontos nas aulas de Infantil, coma a do conto " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".



O alumnado de 4º de Primaria realizou uns traballos moi xeitosos sobre o coñecemento da contorna


 

xoves, 9 de xuño de 2022

PACO NOGUEIRAS CONTOS CON MÚSICA

 Onte estivo no noso centro Paco Nogueiras, cunha actividade promovida pola Biblioteca.

Paco traía unha maleta cargada de contos, un acordeón e unha guitarra.

Contou unha morea de contos para os nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º de Primaria.






venres, 3 de xuño de 2022

UN CENTRO CHEO DE ORGULLO

 O Equipo de Convivencia do CPI de Pontecesures organizou este curso un concurso de carteis baixo o lema "Un centro cheo de orgullo".

Con esta proposta, quixemos sumarnos todxs á necesaria loita contra a homofobia e o respecto á diversidade.

Nos traballos atopáronse debuxos e frases cargados de mensaxe. Queremos que saibades que tanto a participación como o nivel foron espectaculares.