xoves, 26 de decembro de 2019

NADAL 2019 MELLOR EN GALEGO

OS GRUPOS DE 1º DE PRIMARIA E INFANTIL DE 5 ANOS VISITAMOS O BELÉN ARTESANAL DE PORTO


  
Todo elaborado con materiais da natureza: bimbios, carozos, casulas, barbas do millo, etc.

Matilda quixo poñerse á beira da figura da "patifa" unha  antiga profesión típica de Pontecesures, xa que a súa bisavoa traballara como "patifa".

*Patifa: Persoa ( muller) que se adicaba a ir vendendo o peixe cargado nunha patela, polos lugares e aldeas da contorna.
 A cambio non sempre levaba cartos, se non produtos do campo, practicaba o troco, por exemplo a cambio do peixe dábanlle ovos, fabas, millo,etc. A pobre da "patifa" ía cargada á ida e á volta.










Os de Infantil de 5 anos diante da fantástica árbore da Nadal, feita con carozos e estrelas e bolas tecidas en bimbio e pintadas.






Grazas a avoa da nosa alumna Mara, que nos explicou como fixeron todo.








Testimonios na escola sobre a visita ao Belén. Alumnado de 2º entrevista ao de 1º.


E para rematar uns debuxos destes grandes artistas 





NADAL 2019


A AULA DE 1º " OS MONSTROS MELOSOS" FELICITAN O NADAL






O ALUMNADO DE CAAP DE 4º DA ESO TAMÉN NOS FELICITA CON ESTA ÁRBORE


FESTIVAL DE NADAL

Aquí deixamos unhas fotos das distintas actuacións. Este ano foi un festival plurilingüe, galego, castelán, inglés e francés  foron as linguas que puidemos escoitar nas distintas actuacións.








sábado, 21 de decembro de 2019

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO

Aínda que se adica un día ou unha semana á ciencia en galego, no noso centro imos ir recopilando as distintas actividades científicas que se vaian facendo ao longo deste curso, en galego por suposto. Xa sexan actividades na aula, na contorna ou no laboratorio.
Desde este apartado iremos compartindoas con todxs.

Comezamos:


Na clase dos Monstros Melosos


- Plantamos landras











- Experimentamos: “Como facer que os debuxos cobren vida”






O ALUMNADO DE 5ºB DELEITANOS COA ERUPCIÓN DOS VOLCÁNS ELABORADOS POR ELES MESMOS






O alumnado de 4º tamén elaborou unhas maquetas marabillosas sobre os ríos.