domingo, 27 de novembro de 2022

25 N: PROPOSTAS ARREDOR DESTE DÍA

 Os días arredor do 25N leváronse a cabo no centro distintas propostas para dar a coñecer e reflexionar sobre " A VIOLENCIA DE XÉNERO", unha lacra na nosa sociedade, un pesadelo para tantas mulleres, vítimas moitas veces silenciosas ou silenciadas, é hora de que fagan escoitar a súa voz, nesta ocasión o alumnado do noso centro fíxoo en nome de todas, declarando a nosa escola como "ESPAZO LIBRE DE MACHISMO"

Ó longo desta semana, baixo a orientación do Equipo de Convivencia, e coa colaboración dos demáis equipos e dxs titorxs, realizáronse varias actividades, lecturas de contos, relatos, visionado de videos, manualidades alusivas a este día,...









Os grupos de 4º e 5º gozaron coa visita dunha compoñente do grupo musical " Fillas de Cassandra" María, coa que mantiveron unha conversa animada, con preguntas sobre a súa traxectoria como música e sobre o tema "Lisístrata" que foi traballado na aula pola mestra de música nestes cursos. Coa colaboración de Andrea, a mestra de música o grupo de 5º preparou unha coreografía coa canción "Varre vasoira". A música tradicional galega está de moda, neste caso mesturada con pop electrónico, se queres ver algún dos seus traballos aí queda unha mostra.
A semana pasada puidemos coñecer máis sobre este tema coa colaboración do Concello e a Xunta de Galicia, que nos ofreceron uns obradoiros baixo o lema AGRESIÓN OFF.



domingo, 13 de novembro de 2022

VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA



O pasado xoves 10 de novembro, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria, realizaron unha visita ao Museo de Pontevedra, dentro do programa " Coñece o Museo" promovido e subvencionado pola Deputación Provincial.

O alumnado e o profesorado acompañante puido gozar de tres propostas diferentes e moi interesantes, grazas ó estupendo traballo realizado polas diferentes guías.

O alumnado de 1º realizou a proposta " Vou ó museo",

 o de 2º " Mira que te miro"

e o de 3º  " Detectives da arte"

Para máis información clica  Museo de Pontevedra.

Foi unha mañá moi divertida, educativa e enriquecedora para tod@s. Aprendemos algo sobre as emocións nos cadros, nos retratos, o uso de "trampantojos" por parte d@s artistas, a combinación de distintos tipos de materiais, o uso de cores cálidas ou frías, segundo o que o artista queira representar, asociar música con cadros,...

 Quedamos moi agradecidas ó persoal do Museo e en especial ás guías. Noraboa polo voso traballo!!

Por certo, o Museo está agardando por tod@s, está aberto todos os días, agás os luns. Moi recomendable a visita en familia. Mirade a web do museo e apuntádevos.































venres, 11 de novembro de 2022

MAGOSTO 2022

 O martes día 8 de novembro, celebramos o MAGOSTO no centro coma todos os anos, con castañas asadas, refráns, adiviñas, ditos populares, recitado de poesías en galego e moitos xogos. O tempo acompañou e a diversión non faltou.