Os días arredor do 25N leváronse a cabo no centro distintas propostas para dar a coñecer e reflexionar sobre " A VIOLENCIA DE XÉNERO", unha lacra na nosa sociedade, un pesadelo para tantas mulleres, vítimas moitas veces silenciosas ou silenciadas, é hora de que fagan escoitar a súa voz, nesta ocasión o alumnado do noso centro fíxoo en nome de todas, declarando a nosa escola como "ESPAZO LIBRE DE MACHISMO"
Ó longo desta semana, baixo a orientación do Equipo de Convivencia, e coa colaboración dos demáis equipos e dxs titorxs, realizáronse varias actividades, lecturas de contos, relatos, visionado de videos, manualidades alusivas a este día,...
Os grupos de 4º e 5º gozaron coa visita dunha compoñente do grupo musical " Fillas de Cassandra" María, coa que mantiveron unha conversa animada, con preguntas sobre a súa traxectoria como música e sobre o tema "Lisístrata" que foi traballado na aula pola mestra de música nestes cursos. Coa colaboración de Andrea, a mestra de música o grupo de 5º preparou unha coreografía coa canción "Varre vasoira". A música tradicional galega está de moda, neste caso mesturada con pop electrónico, se queres ver algún dos seus traballos aí queda unha mostra.
A semana pasada puidemos coñecer máis sobre este tema coa colaboración do Concello e a Xunta de Galicia, que nos ofreceron uns obradoiros baixo o lema AGRESIÓN OFF.
Ningún comentario:
Publicar un comentario