martes, 31 de maio de 2022

REGUEIFANDO no CORRELINGUA

 Rapaces e rapazas da ESO, xunto co seu profesor de música David, participaron nunha regueifa colectiva, que recompilou o Correlingua, podemos ver a súa actuación, no video individual que se enviou ou no colectivo con outros 25 centros de Galicia.

Aí vos deixamos os dous enlaces


O alumnado participante recibiu unha mochila co lema deste ano "inmunízate co galego"
Entre todos os centros participantes sorteábase un obradoiro de regueifa co Rabelo, non tivemos sorte e non nos tocou, o Rabelo foi para un colexio de Cangas. Noraboa a todos!

HISTORIAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO


 AQUÍ  DEIXAMOS UN RESUMO DAS AVENTURAS DO ALUMNADO DE 1º SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO e A SÚA CHEGADA A SANTIAGO XUNTO CÓS COMPAÑEIROS DE 2º.
NO SEGUINTE VIDEO EXPLÍCASE DE XEITO BREVE O PROCESO DE DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO.


mércores, 18 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS: ACTIVIDADES

 Ó longo destes días realizáronse distintas propostas arredor da figura do autor homenaxeado FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, e das nosas LETRAS, da nosa lingua, cultura, tradicións e folclore, en xeral. 

Comezamos cos traballos do alumnado de 4º de Primaria.




EXPOSICIÓN OBXECTOS ANTIGOS (1º DE Primaria)






PASAPALABRA DAS LETRAS GALEGAS ( 1º EP)

ROMANCE DE DON GAIFEROS ( 1º EP)


POEMA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA RECITA POEMA DE ROSALÍA DE CASTRO

mércores, 11 de maio de 2022

SEMENTANDO POESÍAS no CAMIÑO

 Baixo este título sae á rúa ou mellor dito ó Camiño, a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, para o día da Poesía, que vai cun chisco de retraso por cuestións alleas ó Equipo, asi que, sairá para as Letras Galegas. Tamén quedarán expostos uns no Albergue de Pontecesures.

 Os carteis que se colocarán polo Camiño Portugués levan un código QR que enlaza cós videos dos gañadores do concurso " Fai viral a Rosalía".

Os carteis aparecen en galego, español, francés e inglés, porque son as 4 linguas que se imparten no centro. 

O EDLG quere agradecer a colaboración dos Departamentos de: Plástica, de Lingua e Literatura Galega, de Lingua Inglesa, de Lingua Francesa e de Tecnoloxía da ESO, coas súas aportacións facilitaron que esta proposta saíra adiante dun xeito máis doado.

Agradecemos ás familias do alumnado participante nesta fermosa actividade pola súa implicación e autorización das imaxes. E ó Concello por colaborar na colocación dos carteis.

Agardamos que en vindeiras convocatorias toda a comunidade siga colaborando. 

GRACIÑAS.

 GRACIAS. 

 MERCI.

THANK YOU.

Deixamos as imaxes dos carteis aquí para que vos vaiades familiarizando con eles.






Xa estamos no Camiño desde o venres 12.


mércores, 4 de maio de 2022

ENCONTRO con LORENA CONDE

 Hoxe estivo co alumnado do club de lectura e do grupo de teatro a escritora Lorena Conde. Conversou con eles da súa infancia e de como se iniciou na lectura, da súa adolescencia e de como se lanzou a escribir, da pegada que deixaron nela a súa profesora da EXB, Isabel, que lle levaba libros dos que aínda hoxe se lembra, e de María Victoria Moreno da que destacou a súa paixón pola literatura e polo ensino.

Precisamente o recordo da súa profesora e amiga lle levou a escribir o seu libro “Velloucas e minchas” e presentalo ao III Premio María Victoria Moreno, premio que gañou.

Foi unha conversa moi emotiva na que falaron de literatura, de recordos e de cousas da vida.

Grazas, Lorena!!!