martes, 28 de abril de 2020

Músicas lusófonas para a corentena

O alumnado de 1º B da ESO, na materia de Lingua Galega e literatura estiveron traballando a lusofonía. Para iso, decidiron buscar cantantes ou grupos musicais lusófonos e crearon unha lista de reprodución en Spotify: Músicas lusófonas para a corentena.
Esperamos que sexan do voso agrado e que as desfrutedes! 
 Clica no seguinte enlace e  poderás acceder á recopilación en Spotify.
Músicas da lusofonía para a corentena por Patricia Penelas

COVID-19 "FABRICANDO LUZ"

O profesorado do noso centro quere darlle un chisco de luz a este confinamento.
Por iso, para que collades todxs as familias e alumnado un pouco de ánimo, botándovos unhas risas, despregamos todxs os medios e as nosas mellores galas, para versionar esta fantástica canción, do grupo musical " A banda da loba", do que forma parte a nosa compañeira Andrea, a mestra de música.
Agardamos que o desfrutedes tanto coma nós cando o fixemos. Grazas a Berena pola montaxe.