martes, 28 de abril de 2020

Músicas lusófonas para a corentena

O alumnado de 1º B da ESO, na materia de Lingua Galega e literatura estiveron traballando a lusofonía. Para iso, decidiron buscar cantantes ou grupos musicais lusófonos e crearon unha lista de reprodución en Spotify: Músicas lusófonas para a corentena.
Esperamos que sexan do voso agrado e que as desfrutedes! 
 Clica no seguinte enlace e  poderás acceder á recopilación en Spotify.
Músicas da lusofonía para a corentena por Patricia Penelas

Ningún comentario:

Publicar un comentario