xoves, 25 de novembro de 2021

25 N- DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 AQUÍ DEIXAMOS ALGUNHAS DAS PROPOSTAS REALIZADAS NAS DISTINTAS TITORÍAS DE PRIMARIA PARA CONMEMORAR ESTA DATA. 

AGRADECEMOS, ESPECIALMENTE, O SENTIR DUN ALUMNO DE 3º DE E.P., QUE NOS SORPRENDEU CUNHA CANCIÓN CREADA POR EL MESMO E QUE TAN BEN REFLICTE A REALIDADE DE MOITAS MULLERES. GRAZAS BRAIS.




















martes, 23 de novembro de 2021

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

O alumnado de 2º de Primaria confeccionou  unha maqueta con forma de volcán.
Practicaron o experimento na súa clase e hoxe viñeron a compartilo cos de primeiro.
Os de primeiro estiveron superatentos e despois repetírono eles tamén.













domingo, 21 de novembro de 2021

MUSICA ENXEBRE

 Sonan polos corredores do centro acordes con sons enxebres, populares, da nosa terriña, e universais, como é a nosa " RIANXEIRA"grazas ás rapazas e rapaces de 2º da ESO e ao seu mestre David. 

Podedes ver éste e outros traballos dos distintos cursos da ESO, na canle de youtube do CPI de PONTECESURES




EXPOSICIÓN "MULLERES QUE FALAN"

 Das rúas da vila chega ao noso centro a exposición " Mulleres que falan"

A discriminación contra as mulleres e nenas é un problema de raíces socio-históricas profundas que afecta todos os países do mundo.

Sobre esta base discriminatoria susténtase a desigualdade de xénero que, no seu grao máis extremo, asume a forma de violencia, constituíndo unha violación flagrante dos dereitos das mulleres.

Mediante a exposición itinerante “Mulleres que falan”, o Concello de Pontecesures pretende amosar o seu firme compromiso na loita contra esta lacra social.

A medida, encadrada dentro das actividades conmemorativas do 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, vai dirixida a sensibilizar e concienciar a toda a poboación da necesidade de eliminar de raíz calquer tipo de conduta discriminatoria que poida derivar nas diferentes formas de violencia contra as mulleres.

Esta exposición percorrerá diversas zonas do pobo a fin de dar a maior visibilidade a un problema que a ninguén nos é alleo.            

Recollemos aquí  literalmente o texto co que o Concello presentou a exposición "Mulleres que falan" que, desde o día 8 ata o 19 estiveron expostas na Biblioteca do centro, e todo o alumnado puido observala e reflexionar sobre as verbas que moitas persoas,  homes e mulleres, lles adicaron ás mulleres ao longo da historia. 









CHARLAS SOBRE IGUALDADE

 CHARLAS PROPOSTAS POLO CONCELLO EN MATERIA DE   IGUALDADE

Grazas á colaboración do Concello ao longo desta semana ( 16, 17 e 18 de novembro) foron impartidas nas respectivas aulas de Primaria e da ESO, e no ximnasio para os máis pequenos, charlas e sesións de contacontos, coas seguintes temáticas, arredor da igualdade:

 

 AS EMOCIÓNS E O BULLING.

QUE VES NO YOUTUBE?

 CONTACONTOS SOBRE IGUALDADE ( Orellas de bolboreta, unha casa a medida,...)

4º de E.P.

                                                                    3º de E.P.
                                                               

CONTACONTOS CON 1º e 2º de E.P.



 

venres, 12 de novembro de 2021

MAGOSTO 2021

     Un ano máis celebramos o Magosto, cunha implicación total de todo o alumnado e profesorado do centro. 

Propostas desta semana e do propio día da celebración:

Degustación de castañas asadas aportadas polas familias do alumnado.

Xogos populares.

 Mural colectivo de Infantil e Primaria con refráns, adiviñas, cantigas.

 Mural elaborado polo alumnado da ESO colaborador co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.















                                    MURAL DO ALUMNADO COLABORADOR DA ESO