domingo, 21 de novembro de 2021

EXPOSICIÓN "MULLERES QUE FALAN"

 Das rúas da vila chega ao noso centro a exposición " Mulleres que falan"

A discriminación contra as mulleres e nenas é un problema de raíces socio-históricas profundas que afecta todos os países do mundo.

Sobre esta base discriminatoria susténtase a desigualdade de xénero que, no seu grao máis extremo, asume a forma de violencia, constituíndo unha violación flagrante dos dereitos das mulleres.

Mediante a exposición itinerante “Mulleres que falan”, o Concello de Pontecesures pretende amosar o seu firme compromiso na loita contra esta lacra social.

A medida, encadrada dentro das actividades conmemorativas do 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, vai dirixida a sensibilizar e concienciar a toda a poboación da necesidade de eliminar de raíz calquer tipo de conduta discriminatoria que poida derivar nas diferentes formas de violencia contra as mulleres.

Esta exposición percorrerá diversas zonas do pobo a fin de dar a maior visibilidade a un problema que a ninguén nos é alleo.            

Recollemos aquí  literalmente o texto co que o Concello presentou a exposición "Mulleres que falan" que, desde o día 8 ata o 19 estiveron expostas na Biblioteca do centro, e todo o alumnado puido observala e reflexionar sobre as verbas que moitas persoas,  homes e mulleres, lles adicaron ás mulleres ao longo da historia. 









Ningún comentario:

Publicar un comentario