mércores, 24 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA

Neste día tan sinalado, o alumnado de Educación Infantil quere deleitarnos cun poema da nosa Rosalía. 


Nas aulas de Primaria tamén se realizaron outras actividades, deixamos imaxes das de 1º, 2º, 3º e 4º.

















venres, 19 de febreiro de 2021

FAI VIRAL A ROSALÍA- estamos en marcha

 

Agora toca visualizar e facer que Rosalía se volva viral. Mira os vídeos tantas veces como queiras, reenvíallos aos teus amigos e familiares, e fai que esta semana Rosalía volva ao presente.

Podes ver os vídeos visitando a canle de youtube do EDLG do CPI de Pontecesures.

Ou entrando nas diferentes listas de reprodución:

Infantil Primaria Secundaria




Caligrama realizado por Mara de 2º da ESO

Mentres podemos ir vendo este documental, para coñecer mellor a nosa ilustre escritora. Mulleres na historia- Rosalía

domingo, 14 de febreiro de 2021

FESTIVAL DE ENTROIDO VIRTUAL

  Neste entroido tan diferente quixemos alonxarnos destes lares e, o alumnado de Educación Infantill e Primaria, embarcámonos na Perla Negra xunto con Jack Sparrow. Foi moi especial ser piratas por un día e erguer as nosas armas para dicir ben forte: NON VAS PODER CON NÓS!

 


mércores, 10 de febreiro de 2021

CONCURSO: FAI VIRAL A ROSALÍA


O 24 de febreiro de 1837 nace unha nena en Santiago, a que chamarán María Rosalía Rita, que se convertirá en estandarte da nosa lingua e cultura, polos séculos dos séculos, baixo o nome de Rosalía de Castro. 
Se queredes saber máis sobre a súa apaixoante e complexa vida, visitade a páxina da Fundación Rosalía.
Desde xa fai uns anos o 24 de febreiro pasou a ser o día de Rosalía.
Como non podía ser doutra maneira no noso centro queremos celebrar este día, escoitando as verbas da homenaxeada, na voz dos nenos e nenas de Pontecesures.
Por iso, xurdiu a seguinte proposta:




Agardamos as vosas producións.

Mentres, para inspirarvos, deixamos uns poemas musicados.

 " TECÍN SOIA" pola BANDA DA LOBA.


CASTELLANOS DE CASTILLA por MJ COVER


" ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES" por ASTAROT








 

martes, 9 de febreiro de 2021

O ENTROIDO: a carta do burro


 O Entroido xa está aquí, este ano, de xeito diferente. Sin festivais, desfiles, comparsas,... Pero hai tradicións desta época, que non podemos deixar delado ...

                  " A carta dos burros" 

Aínda que non podemos compartilas ou pasalas duns a outrxs no momento, si que podemos expoñelas e deleitarnos coas rimas enxeñosas do alumnado do centro, distribuidos polas portas e corredores do centro.


Este é o póster informativo que repartimos polo centro para dar a coñecer esta tradición.

Ao longo destes días foron saíndo os burriños das aulas e encheron portas e corredores coas súas rimas algareiras.

Preme na seguinte ligazón e poderás ver algúns deles:  Os nosos burros

mércores, 3 de febreiro de 2021

DÍA DA PAZ

 DESDE O EQUIPO DE CONVIVENCIA PROPUXÉRONNOS TRABALLAR ESTA SEMANA DA PAZ SOBRE A IMPORTANCIA DOS VALORES DURANTE ESTA SITUACIÓN DE PANDEMIA.

AO LONGO DESTES DÍAS PUIDEMOS CONSTATAR QUE, NON SÓ SE FORTALECERON ALGÚNS VALORES, SENÓN QUE AGROMARON OUTROS QUE FICABAN ESQUECIDOS.

CON TODOS ELES CADA AULA COMPUXO O SEU MURAL.