mércores, 31 de maio de 2023

Vexo, Veo Xacobeo - O Noso Pobo

Seguimos traballando a través do Vexo, Veo Xacobeo. Neste caso, buscamos a orixe ou o significado dos diferentes lugares do noso pobo.






Tamén buscamos diferentes accións que podemos realizar, pero en inglés.







martes, 30 de maio de 2023

Concurso das Letras Galegas 2023 - Propostas gañadoras

O pasado 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas. Tiñamos convocado o Concurso das Letras Galegas, onde vos animamos a debuxar ao autor.

Entre todas as vosas propostas custou decidirnos un pouco, polo que as propostas gañadoras foron...



venres, 19 de maio de 2023

Certame Intercentros - 25ª Edición

O pasado martes, as 17:30, tivo lugar o acto de entrega de premios @s gañador@s do XXV Certame Intercentros, para alumnado de 3º a 6º de Primaria, polas Letras Galegas. O noso centro, o CPI de Pontecesures, xunto co CEIP Baño-Xanza, o CPI Xesús Ferro Couselo e o CPI do Progreso de Catoira, anfitrión nesta edición, conmemoraron a figura de Francisco Fernández del Riego a través dun certame de relatos de narrativa, poesía ou banda deseñada.


No caso do noso centro, as alumnas que resultaron premiadas foron Emma, de 3º, Matilda, de 4º, Sabela, de 5º, e Martina, de 6º. Noraboa a todas!



martes, 16 de maio de 2023

Día das Letras Galegas no CPI de Pontecesures


A maiores da realización do vídeo sobre o autor homenaxeado, Francisco Fernández del Riego, e que vos deixamos, por se aínda non o vístedes, nesta ligazón, este martes no CPI de Pontecesures desfrutamos dun gran concerto por parte do alumnado. As diferentes clase de Infantil e Primaria homenaxearon a divers@s autor@s que xa foron homenaxead@s en pasadas edicións, a través das súas obras, que acompañaron tamén cunha gran interpretación musical.


Ao mesmo tempo, as alumnas de 5º e 6º de Primaria mostráronos diversas figuras de ximnasia acrobática, tamén coñecida como acrosport.

Deixamos a continuación o vídeo da actuación:



O alumnado da ESO tamén contou cun concerto, na xornada da tarde, ademais dunha participación do alumnado de 2º no concerto de Infantil e Primaria.

Tamén vos deixamos unha serie de capítulos nos cales a Real Academia Galega repasa a figura e obra do autor nas diferentes etapas da súa vida. Os capítulos poden consultarse aquí.

Día das Letras Galegas 2023

Esta semana conmemoramos a Semana das Letras Galegas. Esta edición, a número 60, conmemora a figura de Francisco Fernández del Riego, que, curiosamente, foi un dos impulsores da conmemoración que resaltase a figura das persoas que traballaron en prol da dinamización da cultura galega.

No centro, estivemos traballando co material do Seminario Galán, nos diferentes cursos. Coa axuda de Lucía e Tomás, percorremos o centro para ver que aprenderon os nenos/as de cada curso.

Esperamos que vos guste!





venres, 12 de maio de 2023

Peregrin@s a Santiago!

Seguimos descrubrindo o Camiño de Santiago co alumnado de 1º e 2º a través do "Vexo, Veo Xacobeo". O pasado venres 5 fixemos un quecemento, andando dende o noso cole ata Padrón. Estivemos acompañados por unha visita especial, que nos amenizou o recorrido ata o concello veciño.




Xa coa preparación feita, viaxamos a Santiago para realizar o derradeiro treito do camiño. Visitamos a catedral e percorremos as rúas da capital galega.

Os nenos/as demostraron ser grandes camiñantes e pasárono moi ben!









luns, 1 de maio de 2023

Concurso das Letras Galegas

 Maio, mes das Letras Galegas. Comezamos a destacar a figura de Francisco Fernández del Riego, un dos precursores desta conmemoración, cun concurso de debuxo.

Debuxa a Fernández del Riego acompañado dun breve texto do autor, e compártello ao teu titor/a. O gañador/a formará parte das axendas do vindeiro curso?

Anímaste? Todas as propostas son benvidas!

Aquí vos deixamos o cartel e as bases.