martes, 16 de maio de 2023

Día das Letras Galegas no CPI de Pontecesures


A maiores da realización do vídeo sobre o autor homenaxeado, Francisco Fernández del Riego, e que vos deixamos, por se aínda non o vístedes, nesta ligazón, este martes no CPI de Pontecesures desfrutamos dun gran concerto por parte do alumnado. As diferentes clase de Infantil e Primaria homenaxearon a divers@s autor@s que xa foron homenaxead@s en pasadas edicións, a través das súas obras, que acompañaron tamén cunha gran interpretación musical.


Ao mesmo tempo, as alumnas de 5º e 6º de Primaria mostráronos diversas figuras de ximnasia acrobática, tamén coñecida como acrosport.

Deixamos a continuación o vídeo da actuación:



O alumnado da ESO tamén contou cun concerto, na xornada da tarde, ademais dunha participación do alumnado de 2º no concerto de Infantil e Primaria.

Tamén vos deixamos unha serie de capítulos nos cales a Real Academia Galega repasa a figura e obra do autor nas diferentes etapas da súa vida. Os capítulos poden consultarse aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario