venres, 28 de xaneiro de 2022

RETO " FAI VIRAL A ROSALÍA"

 

 Febreiro, é o mes de Rosalía desde que un 23 de febreiro do ano 1837 vira a luz por primeira vez, en Santiago de Compostela. 

Este curso, este día aparece no calendario escolar, para que toda a comunidade educativa celebre especialmente esta data.

Un ano máis, no noso centro imos celebralo como se merece. Logo do éxito acadado o curso pasado coa proposta  " fai viral a Rosalía" o equipo de Dinamización da Lingua Galega, volve a propoñer de novo este RETO, básicamente nas mesmas condicións que o curso anterior, pero con algunhas novidades nos premios. Consultade as bases para este concurso aquí, na web ou nos taboleiros e corredores do centro.

Animádevos a participar, a nosa lingua e a nosa escritora máis universal, ben o merecen. 

Agardamos os vosos videos.

 




TANXUGUEIRAS NO BENIDORM FEST

 Nesta última semana de xaneiro estase levando a cabo, unha selección de cancións para asistir ao Festival de EUROVISIÓN. Por primeira vez, hai unha canción en galego que a presenta o grupo TANXUGUEIRAS, non só por ser en galego, se non por todo o significado que agocha, todos os valores que representa, con esas referencias ás distintas linguas do noso país, " non hai fronteiras", etc. Por todo isto e por máis, son merecentes de chegar a EUROVISIÓN.

Deixamos aquí o enlace ao video do programa coa súa fenomenal actuación. 

MOITA SORTE RAPAZAS!

TANXUGUEIRAS - Terra


 

xoves, 20 de xaneiro de 2022

LIBRO DE NADAL EN GALEGO-CASTELÁN E INGLÉS

 O alumnado de Primaria, na clase de lingua inglesa, realizou uns libros sobre o Nadal, con debuxos, felicitacións e historias en galego, castelán e inglés, incluso con palabras noutras linguas.

Podedes velos na biblioteca do centro.






venres, 7 de xaneiro de 2022

RAPEAR EN GALEGO MOLA!

 Acabo de descubrir a un rapaz de Viveiro que rapea con moito sentimento, Xosé Maseda, gústame especialmente, a súa última produción, que adica ao seu avó ( recentemente falecido) PAPARREXO. Por desgraza non todo é coronavirus!