xoves, 30 de novembro de 2023

Vaia ritmo que ten Santiago!!!

O pasado luns, 27 de novembro, fixemos unha saída a Santiago de Compostela, onde estivemos paseando pola zona vella como auténticos peregrinos, para logo coñecer un pouco mellor a Catedral de Santiago, deleitándonos coas marabillosas obras que hai dentro dela; alí puidemos ver tamén o enorme botafumeiro ("como o moven??" preguntaba toda a rapazada).

Tomamos a merenda da mañá  nos soportais das rúas antigas porque, como non!, chovía un pouquiño... pero gozamos un MONTÓN.

Tamén aproveitamos  para coñecer o Mercado de Abastos de Santiago e ás doce do mediodía estabamos xa preparad@s para desfrutar do humor do teatro musical, no auditorio ABANCA, asistindo a un espectáculo titulado VAIA RITMO! Un día completiño...

Na seguinte ligazón podedes ver unha montaxe que recolle o noso percorrido:

https://drive.google.com/file/d/1I3-33hIfVWRkOTrElB83DQY1rqKnPCNr/view

martes, 28 de novembro de 2023

Ximcana pola Igualdade, 3º e 4º de E.P.

Como vos contamos o xoves, o alumnado de 3º e 4º participou no Ximnasio nunha Ximcana pola Igualdade, organizada polo Concello e a Deputación, para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Esta actividade serviu á rapaza para comprobar a verdade dos seus dous lemas:

Hai que saber facer de todo.

O que supera os seus medos será verdadeiramente libre.


Na seguinte ligazón tedes unha montaxe fotográfica cun resumo da actividade:

https://drive.google.com/file/d/1HncY1MhrtXnUymTo1LRdWV2Tr-fk8aBf/view?usp=sharing

venres, 24 de novembro de 2023

Entrega das pulseiras contra a violencia

Hoxe repartimos entre o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria as pulseiras contra a violencia cos lemas que eles e elas mesm@s redactaron. Os lemas escollidos foron "Son unha persoa, non o teu xoguete", "Eu son libre, e ti?" e "Dentro do arco da vella collemos todos". Como vedes nas imaxes, á pulseira se lle pode dar máis dun uso...







Que estas pulseiras sirvan para alimentar o espírito de grupo e integración de tod@s!!!

xoves, 23 de novembro de 2023

Contacontos e ximcana pola igualdade

Dentro das actividades organizadas polo Concello e a Deputación no noso centro e para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, hoxe chegou o día do contacontos para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria e da ximcana corresponsable para o resto do alumnado de Primaria, da cal temos algunhas imaxes que nos dan conta do ben que se desenvolven todas elas e todos eles nalgúns traballos propios do fogar, como fregar, facer a cama, cravar uns cravos, vestir un bebé, dobrar roupa... 











Nas seguintes imaxes podemos ver tamén parte do alumnado durante a actividade do contacontos:



mércores, 22 de novembro de 2023

Dinámica grupal contra a violencia de xénero

Onte desenvolvéronse na Biblioteca do noso Centro dúas dinámicas grupais de sensibilización contra a violencia de xénero, unha co alumnado de 1º e 2º da E.S.O. e outra co alumnado de 3º e 4º da E.S.O.
Esta actividade forma parte das accións levadas a cabo polo Concello de Pontecesures en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra para loitar contra esta forma de violencia.


martes, 21 de novembro de 2023

@s máis pequen@s, contra a violencia machista

Para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, é decir, para combater a violencia machista, no noso Centro estamos desenvolvendo unhas poucas actividades.
@s máis pequen@s, @s nos@s compañeir@s de Infantil, foron @s primeir@s en levantar a voz, neste caso cantando, contra a violencia.
Así manifestaron, cuns lemas ben acaídos, a necesidade de levantar a voz en contra da violencia.


venres, 17 de novembro de 2023

En novembro, as mochilas comezan a súa viaxe!

Como de costume, a Biblioteca do Centro organiza a mochila viaxeira para promover a lectura entre a rapazada.
Cada semana dous alumnos, dúas alumnas ou unha alumna e un alumno de 3º de Primaria levan para a casa a mochila que lles prepararon.
Veña a viaxar, que ler é a mellor maneira de viaxar sen saír da casa!!! 

martes, 14 de novembro de 2023

A toda castaña lle chega o San Martiño

Chegoulle, e pasoulle.
Nun día típico deste ventoso e húmido novembro de 2023 por fin chegou o día do magosto.
Por aí hai quen diga que Jacobo as facía mellor, pero non parece que a rapazada teña queixa do boas que lles saíron... e iso tendo en conta que non é que fose este un moi bo ano de castañas precisamente...