O pasado luns, 27 de novembro, fixemos unha saída a Santiago de Compostela, onde estivemos paseando pola zona vella como auténticos peregrinos, para logo coñecer un pouco mellor a Catedral de Santiago, deleitándonos coas marabillosas obras que hai dentro dela; alí puidemos ver tamén o enorme botafumeiro ("como o moven??" preguntaba toda a rapazada).
Tomamos a merenda da mañá nos soportais das rúas antigas porque, como non!, chovía un pouquiño... pero gozamos un MONTÓN.
Tamén aproveitamos para coñecer o Mercado de Abastos de Santiago e ás doce do mediodía estabamos xa preparad@s para desfrutar do humor do teatro musical, no auditorio ABANCA, asistindo a un espectáculo titulado VAIA RITMO! Un día completiño...
Na seguinte ligazón podedes ver unha montaxe que recolle o noso percorrido:
https://drive.google.com/file/d/1I3-33hIfVWRkOTrElB83DQY1rqKnPCNr/view
Ningún comentario:
Publicar un comentario