venres, 31 de marzo de 2023

Día das Artes Galegas - 1 de abril


O 1 de abril conmemórase o Día das Artes Galegas. Esta foi instaurada no ano 2015 pola Real Academia Galega das Belas Artes, co fin de promover e valorar o patrimonio cultural galego. Este ano, o autor homenaxeado é Martín Códax, o primeiro dos músicos homenaxeados.

O alumnado de 5º presentounos este mural sobre a figura do autor, que vos deixamos por aquí, xunto co vídeo musicalizado da cantiga que representaron.


















xoves, 23 de marzo de 2023

21 de marzo - Día da Poesía !

O pasado martes, despois de que o tempo nos dese unha tregua, tivemos un acto de recoñecemento co alumnado no concurso Fai Viral a Rosalía! Os nenos e nenas de 1º EP e de 6º EI cantáronlle unha canción inspirada no poema "Alborada", de Rosalía de Castro.






Pola súa parte, o alumnado de 2º da ESO levou a cabo un taller de regueifas con Lupe Blanco, a regueifeira de Coristanco. En propias palabras da autora, foi moi produtivo, cun alumnado moi predisposto e dinámico, o que provocou que as coplas as compuxesen moi rápido e con moito sentido.








luns, 13 de marzo de 2023

8M - Día Internacional da Muller


A pasada semana, o mércores, conmemoramos o Día Internacional da Muller. A través de diferentes propostas, resaltamos a importancia da muller na nosa sociedade.

Na aula de 5 anos, fixemos uns lentes violetas, para que nos axuden a detectar as inxustizas que sofren moitas veces as mulleres. Ademais, as nenas e nenos de 1º de EP tamén conmemoraron o Día Internacional da Muller.









Tamén, grazas á Banda da Loba, traballamos con "Plumas Amarelas", que, como nos di o grupo, son as das nosas aves favoritas, as lavandeiras reais. É un canto á liberdade, unha homenaxe a todas as mulleres anónimas que, dende o cotiá, loitaron para que nós hoxe poidamos ser quen somos e vivir como vivimos.


xoves, 9 de marzo de 2023

VEXO VEO XACOBEO - Seguimos coa viaxe!

Unha nova parada no noso camiño. O alumnado de 1º e 2º, xunto coas titoras e a profe Guada, visitamos o albergue de Pontecesures, onde puidemos comprobar a súa disposición e ver de primeira man como se organiza.


martes, 7 de marzo de 2023

Fai viral a Rosalía! - PREMIAD@S



Como resultado das visualizacións do Concurso Fai Viral a Rosalía!; o premio o vídeo máis visualizado ata o pasado 27 de febreiro, momento en que se pararon os videos para que se puideran consultar as estatísticas de reproduccións en youtube; foi o proposto por Damián, de 1º de ESO, con 1417 reproducións.

Ademais, a pasada semana, o
 xurado composto polos membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega elexiu tres participantes premiados, que recibirán de agasallo un vale para material escolar, por valor de 60 euros.

Gañador@s:

Cayetana de 2º de E.P.

Eira de 2º de E.P.

Fabián, Yago e Brais de 5º e 4º de E.P. e 6º de E.I.


FELICIDADES A TODXS!! 

Xa podedes volver a ver os videos e agardamos que sigades participando en vindeiras edicións deste concurso e noutras propostas deste equipo.