luns, 2 de novembro de 2026

In Castanea Veritas

Contaba Alfred Hitchcock que os antigos romanos abrían o corpo dos animais e remexían nos seus órganos para adiviñar o futuro.
Tamén que a auténtica natureza das persoas saía a relucir cando bebían viño, por iso aquilo de “In vino veritas”.
Nós, abstemios por natureza, confraternizamos e axexamos o porvir arredor das brasas e unha manchea de castañas, e aproveitamos a mañá para xogar un pouco, que nunca vén mal.
Este ano foi, en concreto, o pasado xoves, despois dun día de chuvia que fixo adiar a celebración e tampouco foi para tanto.


E, por fin, despois de todo o traballo que se lles dedicou, tivemos listas as exposicións de cabazas nos corredores.