mércores, 27 de novembro de 2019

ACTIVIDADES ARREDOR DO 25 DE NOVEMBRO




Hoxe é un día de especial relevancia no calendario... 
25 N
DÍA INTERNACIONAL CONTRA
VIOLENCIA DE XÉNERO








A loita a prol da IGUALDADE a través do respecto, impregna o quefacer cotián do noso centro, pero hoxe cobra especial transcendencia, xa que o 25 N está reservado para loitar a nivel mundial contra unha lacra da nosa sociedade como é a VIOLENCIA DE XÉNERO.

Este curso, desde o EDLG e coa colaboración do equipo de Convivencia, propuxemos unha actividade para levar a cabo en todas as etapas educativas. En cada titoría visualizaríase un video ou conto e partir del recolleríanse ideas en forma de lemas ou slogans para elaborar un mural con todas. Antes diso  seleccionaríanse tres para imprimir nunhas pulseiras moradas, coas que se agasallaría a toda a comunidade educativa ( alumnado, docentes, persoal de administración, limpeza, membros do Consello Escolar, ...)














Ademáis Érica Barreiro e Saúl Blanco de 1º da ESO, dirixidos pola profe María 
Luisa Paz Patiño representaron para o alumnado da ESO a obra titulada:
"Relacións tóxicas"







Aquí deixamos unhas fotos, en canto dispoñamos do video, subirémolo tamén.













martes, 19 de novembro de 2019

Teatro " COIDADO CO GOOGLE MAPS"



Aquí podedes ver a gravación da primeira actuación para o alumnado de 1º a 4º de Primaria.
" COIDADO CO GOOGLE MAPS"  baseada  na morte que ata pode sorprenderte no Camiño de Santiago e que nin o google maps te pode librar dela.

Este mesmo día, o 29 de outubro, pola tarde representáronna na Praza de Abastos nunha Festa de Samaín organizada pola ANPA do centro. Aquí vos deixamos unhas fotos da mesma.





sábado, 16 de novembro de 2019

TEATRO DO SAMAÍN " COIDADO CO GOOGLE MAPS"

Peza teatral creada pola profe Luísa e representada por alumnado da ESO. 
Grazas rapaces, sodes grandes actrices e actores. Algunhas imaxes da representación.










VII CERTAME DO SAMAÍN




ENTREGA DE PREMIOS DAS DISTINTAS CATEGORÍAS