mércores, 27 de novembro de 2019

ACTIVIDADES ARREDOR DO 25 DE NOVEMBRO




Hoxe é un día de especial relevancia no calendario... 
25 N
DÍA INTERNACIONAL CONTRA
VIOLENCIA DE XÉNERO








A loita a prol da IGUALDADE a través do respecto, impregna o quefacer cotián do noso centro, pero hoxe cobra especial transcendencia, xa que o 25 N está reservado para loitar a nivel mundial contra unha lacra da nosa sociedade como é a VIOLENCIA DE XÉNERO.

Este curso, desde o EDLG e coa colaboración do equipo de Convivencia, propuxemos unha actividade para levar a cabo en todas as etapas educativas. En cada titoría visualizaríase un video ou conto e partir del recolleríanse ideas en forma de lemas ou slogans para elaborar un mural con todas. Antes diso  seleccionaríanse tres para imprimir nunhas pulseiras moradas, coas que se agasallaría a toda a comunidade educativa ( alumnado, docentes, persoal de administración, limpeza, membros do Consello Escolar, ...)














Ademáis Érica Barreiro e Saúl Blanco de 1º da ESO, dirixidos pola profe María 
Luisa Paz Patiño representaron para o alumnado da ESO a obra titulada:
"Relacións tóxicas"







Aquí deixamos unhas fotos, en canto dispoñamos do video, subirémolo tamén.













Ningún comentario:

Publicar un comentario