sábado, 21 de marzo de 2020

8 de marzo - día da MULLER

Alumnado de 1º e 4º da ESO coa profesora Luísa Paz Patiño elaborou este mural " A muller na historia" na que aparecen mulleres das familias da rapazada. 
Acompaña ás fotografías das protagonistas o texto da canción MATRIARCAS de Guadi Galego. 





venres, 20 de marzo de 2020

CONTACONTOS DE KALANDRAKA- 9 de marzo

O alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria puido gozar o pasado luns 9 de marzo dunha sesión de contacontos de Kalandraka por parte de Sara Lebedinsky e o músico Alex Fente.
 Nenas e nenos conseguiron vivir, por un momento, noutros mundos e na pel doutras personaxes.


Algúns dos contos que contaron e cantaron.

Aquí podedes desfrutar dun intre da súa fantástica actuación.

DÍA DE ROSALÍA -- 24 DE FEBREIRO

O alumnado de 1º e 6º realizaron este mural na clase de Plástica, para homenaxear á nosa escritora máis internacional.

A nosa Rosalía recitada e cantada por tantos artistas con estilos tan diferentes. Aquí vos deixo unha mostra:

ASTAROT "ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES"


AMANCIO PRADA  creo que é a persoa que máis cantou a Rosalía, polo mundo enteiro, a poesía non entende de fronteiras, vai directa ao corazón.
 Amancio ten milleiros de videos en youtube, todos moi emotivos, pero este descubrino este Nadal, cando unha amiga entrañable, me felicitou o Aninovo con el, quero compartilo con todxs porque pon os pelos crespos e derrete o corazón. Espero que vos emocione tanto coma a min!
Grazas Rosiña!


 LUZ CASAL E CARLOS NÚÑEZ " Negra sombra"