venres, 20 de marzo de 2020

DÍA DE ROSALÍA -- 24 DE FEBREIRO

O alumnado de 1º e 6º realizaron este mural na clase de Plástica, para homenaxear á nosa escritora máis internacional.

A nosa Rosalía recitada e cantada por tantos artistas con estilos tan diferentes. Aquí vos deixo unha mostra:

ASTAROT "ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES"


AMANCIO PRADA  creo que é a persoa que máis cantou a Rosalía, polo mundo enteiro, a poesía non entende de fronteiras, vai directa ao corazón.
 Amancio ten milleiros de videos en youtube, todos moi emotivos, pero este descubrino este Nadal, cando unha amiga entrañable, me felicitou o Aninovo con el, quero compartilo con todxs porque pon os pelos crespos e derrete o corazón. Espero que vos emocione tanto coma a min!
Grazas Rosiña!


 LUZ CASAL E CARLOS NÚÑEZ " Negra sombra"

Ningún comentario:

Publicar un comentario