sábado, 29 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020

O noso Entroido xira en torno aos HÁBITOS SAUDABLES:
o coidado persoal e a saúde, o coidado da natureza, a reciclaxe...

Medidas que debemos adoptar no noso quefacer cotiá para coidar ao noso planeta e a nós.


INFANTIL cos deportes.


1º e 2º " MONSTROS RECICLADOS"






 3º e 4º  " OS SUPERHEROES DA RECICLAXE"



5º e 6º " OS DORMICHÓNS"


A ESO tamén actuou: FROITAS, LEGUMES, DEPORTES,...


Algúns videos das actuacións






Recuperemos tradicións do Entroido

AS CARTAS DO BURRO

Estas cartas eran moi habituais en Galicia ata mediados dos anos 50, pero foron perdéndose co tempo.
Antigamente mandábanse cartas de forma anónima por estas datas, moitas veces eran cartas de amor pero outras facíanse en tono satírico e crítico, case sempre eran escritas en verso con rima, aínda que para que rimaran houbese que empregar castelanismos. Nos comezos de feito, eran escritas en castelán con influencias do galego de cada zona.
As cartas do burro levan sempre versos rimados e uns burros debuxados, que nalgún caso leva un obxecto representativo do escrito.
Naquelas datas había incluso expertos na materia, que eran os encargados de escribir esta peculiar correspondencia, porque tiñan habilidades especiais para facer rimas e para debuxar.
Denominábanse “cartas do burro” porque o destinatario non coñecía o remitente, ou sexa, o que lla enviaba.


Nas escolas, agochábaselle a carta do burro, na carteira ou no libro, do rapaz ou rapariga que che gustaba, sen que se enterase de quen o fixera. Isto facíase a semana antes do Entroido. Quen recibía un burro, facía outro, aínda que non sempre se atinaba co destinatario, o importante e divertido era facer correr os burros duns para outros, sen ningún ánimo de ofender.


* Este foi o folleto informativo sobre a carta do burro, que se publicou por todo o centro.



Aquí deixamos uns burriños que apareceron polo noso centro, se os vedes por aí, coidádeos e dádelles cariño, para que no vindeiro Entroido volvan por aquí e por todos os centros escolares de Galicia. Entre todxs temos que recuperar as nosas tradicións.









QUIXEMOS COMPARTIR ESTA DIVERTIDA TRADICIÓN MÁIS ALÁ DO NOSO CENTRO.
ENVIAMOS ESTES BURRIÑOS TAN FALANGUEIROS AO CPI PROGRESO DE CATOIRA, AGARDAMOS QUE OS RECIBAN CON ILUSIÓN. 


 

      


Ningún comentario:

Publicar un comentario