sábado, 29 de febreiro de 2020

30 de xaneiro "DÍA DA PAZ"

Para entender a que nos referimos cando estamos dicindo PAZ o grupo de teatro, formado por alumnado de Educación Secundaria e dirixidos pola profesora Luísa Mª Paz, representounos unha pequena peza a todo o centro. En catro pases da mesma obra, e con toques de humor fantásticos, conseguiron que tanto o resto do alumnado como o profesorado profundizaran no extenso do termo PAZ, facéndonos reflexionar sobre as accións que no día a día poden mellorar a convivencia.





Nesta data entregáronse os premios aos microrrelatos sobre o silencio ao alumnado da ESO. Podedes ver todo no blog da biblioteca.

 Ao longo dunha semana, o alumnado e profesorado estivo experimentando co silencio. A actividade consistía na reducción máxima de ruído que se escoita nos diferentes corredores do centro, incidindo nas entradas e saídas do horario lectivo, así como nos cambios de especialidade e recreos.
Ademais puideronse visualizar, nas titorías, diferentes documentais informativos que resaltaban a importancia de reducir a contaminación acústica, o perxudicial que podía ser para a nosa saúde e invitándonos a experimentar a relaxación e concentración a través de visualizacións.
E para que a actividade non perdera interés, creouse un pequeno xogo onde os titores valoraban, e puntuaban, ao final da xornada o nivel de ruído/silencio da súa clase para establecer ao remate da semana quen foran os gañadores.












Ningún comentario:

Publicar un comentario