xoves, 26 de decembro de 2019

NADAL 2019 MELLOR EN GALEGO

OS GRUPOS DE 1º DE PRIMARIA E INFANTIL DE 5 ANOS VISITAMOS O BELÉN ARTESANAL DE PORTO


  
Todo elaborado con materiais da natureza: bimbios, carozos, casulas, barbas do millo, etc.

Matilda quixo poñerse á beira da figura da "patifa" unha  antiga profesión típica de Pontecesures, xa que a súa bisavoa traballara como "patifa".

*Patifa: Persoa ( muller) que se adicaba a ir vendendo o peixe cargado nunha patela, polos lugares e aldeas da contorna.
 A cambio non sempre levaba cartos, se non produtos do campo, practicaba o troco, por exemplo a cambio do peixe dábanlle ovos, fabas, millo,etc. A pobre da "patifa" ía cargada á ida e á volta.










Os de Infantil de 5 anos diante da fantástica árbore da Nadal, feita con carozos e estrelas e bolas tecidas en bimbio e pintadas.






Grazas a avoa da nosa alumna Mara, que nos explicou como fixeron todo.








Testimonios na escola sobre a visita ao Belén. Alumnado de 2º entrevista ao de 1º.


E para rematar uns debuxos destes grandes artistas 





Ningún comentario:

Publicar un comentario