sábado, 21 de xaneiro de 2023

DE VIAXE CON TINA

 Os rapaces e rapazas de 1º siguen aprendendo sobre o Camiño de Santiago.

Esta vez preparan o mural  "A NOSA VIAXE", no que aparecerán obxectos e palabras dos elementos necesarios para facer o Camiño. 

Boa viaxe rapazada!



APRENDENDO INGLÉS CON TINA

O alumnado de 1º aprende inglés con Tina.

Para iso usan a PDI e tarxetas, xogando e aprendendo. Pásano xenial.

 

mércores, 18 de xaneiro de 2023

sábado, 14 de xaneiro de 2023

VEMOS A VILA CON OUTRA MIRADA

 


Dentro do Proxecta " Vexo veo Xacobeo" na clase de 2º levaron a cabo un pequeno proxecto " Vemos a vila con outra mirada" co que aprenderon, descubriron e reflexinaron.

Queda un resumo do proxecto no seguinte video.

AS AVENTURAS DE TINA

 Na clase de 2º continuaron creando historias sobre Tina, con moita emoción e imaxinación realizaron relatos estupendos.




VEXO VEO XACOBEO


 Este curso, o alumnado de 1º e 2º, xunto coas titoras e a profe Guada, están participando no programa Vexo Veo Xacobeo dentro do Plan Proxecta.

Os rapaces e rapazas de 2º xa realizaron o curso pasado actividades sobre o Camiño Portugués e volven a retomar o tema este ano con moita ilusión.

Esta semana recibiron carta de TINA CALIXTINA.

Escoitaron con moita atención o que lles contaba Tina e animáronse moito máis cando a tiveron que colorear e poñerlle elementos necesarios para facer o Camiño ou que se atoparían nel.