martes, 22 de decembro de 2020

O CREBANOCES- FESTIVAL DE NADAL VIRTUAL

 Ante a imposibilidade de reunirnos todos os cursos para celebrar o Festival de Nadal como nos cursos pasados, a proposta do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares foi a gravación dun conto musicado: O Crebanoces, contando con todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

A música que soa pertence ao ballet de Chaivkosky, que a súa vez se basea nun conto de Hoffman ambientado na Noite de Nadal, de aí esta elección.

Agradecer a colaboración da teacher Ana e Lindsay na realización de todas as manualidades para a posta en escea.

Ademais, esta actividade interdisciplinar está directamente vinculada co proxecto anual elixido para o PLAMBE que leva por título "A música no cine".

Agardamos que vos guste e noraboa a todas e todos os artistas participantes!





VISITA SORPRESA DE PAPÁ NOÉL E AXUDANTES

Ademáis este día de finais do primeiro trimestre tivo algunha sorpresiña máis para os peques. Papá Noél e os seus axudantes viñeron recoller as cartas dos raparigos e raparigas, e puideron falar con el, fixeron fotos,...Foi moi emocionante!




Grazas ao Concello pola súa colaboración.


domingo, 20 de decembro de 2020

BELÉN DE PORTO

 O alumnado de 2º de Primaria visitou este xoves, o Belén artesanal de Porto. Noraboa aos veciños que traballaron un ano máis na montaxe e elaboración do mesmo. Destacar o ben que conservaron as figuras do ano pasado feitas en bimbio e a árbore composta de follas naturais, CDs e tapóns de cores.





Aproveitaron a saída para aprender as rúas do Concello polas que pasaron. 





Rematando diante dun edificio histórico, o Alfolín ( almacén de sal). 


Aquí están diante do Alfolín de Rendas ( 1790). É un edificio exemplo da arquitectura  civil do Barroco, dos tempos de Carlos IV.

A súa construción foi froito da necesidade de dispoñer dun espazo no que almacenar certos produtos de valor derivados da actividade comercial, que naquela época se levaba a cabo neste Concello.
Naqueles tempos, o porto de Pontecesures era o único na ría de Arousa que contaba con autorización para a carga e descarga de sal, desde 1467. Posteriormente incluiríanse outros produtos coma o tabaco, o xofre, a pólvora,...
Hoxe en día tamén se coñece co nome de " a factoría", dando nome ao lugar no que se atopa " Barrio da Factoría" 
Na fachada do edificio destaca o escudo dos Borbóns.

venres, 18 de decembro de 2020

UN NADAL DIFERENTE

 NADAL DIFERENTE PERO AGARDAMOS QUE SEXA UN BO NADAL, PRELUDIO DUN ANINOVO MELLOR, CAMIÑO DA NORMALIDADE.

Con todas as medidas do protocolo Covid, nos centros escolares vémonos moi limitados na celebración de datas tan sinaladas coma na que nos atopamos. Aínda así, quixemos darlle un chisco de espírito de Nadal á nosa escola, coa colaboración de todo o alumnado, desde Infantil ata a ESO. 

Repartíronse unhas arboriñas para que o alumnado decorara e escribira neles os seus desexos para este Nadal, con todas as árbores elaboramos unha árbore máis grande á que denominamos " A ÁRBORE DOS DESEXOS", que foi colocada na entrada do centro.

Todxs estamos anhelando que se cumplan todos estes desexos que poderían resumirse en:




E a árbore final quedou así:




As fiestras das aulas tamén relocen cos debuxos de Nadal dos raparigos e raparigas.


Na porta de 6ºB brilla tamén a árbore de Nadal
















mércores, 2 de decembro de 2020

SONHAMOS, CERTAME DE VIDEOS MUSICAIS

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA RECIBE CON MOITO AGRADO ESTA 

MENSAXE DA NOSA COMPAÑEIRA DE MÚSICA SOBRE UN TRABALLO FEITO CO

 ALUMNADO DE 5º E 6º.


 Estimadas paroleiras e paroleiros:

Nas aulas de 5º e 6º realizamos, ao longo do mes de outubro, un CERTAME DE VÍDEOS MUSICAIS para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado, como xa sabedes, a Carvalho Calero.

Achegámonos á vida e obra de D. Ricardo de man do tema ‘Sonho de Catarina’, do grupo galego A banda da Loba, que se basea  nun poema deste autor.  

Decidimos chamarlle ao proxecto 'Sonhamos, Certame de vídeos musicais', por dúas cuestións: porque o poema fala dun soño e porque a partir do mesmo nós puidemos soñar os nosos propios vídeos.

Primeiro, traballamos a letra e a forma musical da canción, así como o poema no que se basea. A partir de aí, deseñamos unha serie de imaxes (empregando os nosos ordenadores) para cada unha das partes do tema musical.

Agardamos que vos guste o resultado:

5º: https://www.youtube.com/watch?v=eL7OTccTu2s

6ºA: https://www.youtube.com/watch?v=MDGb5JBIMZo

6ºB: https://www.youtube.com/watch?v=M0g0tXCt2Jo


Encántanos recibir todo tipo de propostas nas que a nosa lingua florece como flor de 

primavera, todas estas iniciativas, axudan a que o galego non murche. 

Graciñas Andrea.

Animádevxs compañeirxs, compartide con todxs as marabillosas propostas que estades 

facendo, démoslle alento ao galego.

 

mércores, 25 de novembro de 2020

ACTIVIDADES ARREDOR DO 25 N

 25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 N debe ser todos os días. Entre todxs podemos conseguilo, erradiquemos esta lacra do noso mundo. 

Vexamos os datos, que puidemos extraer da seguinte páxina oficial Delegación do Goberno contra a violencia de xénero

Durante o 2020, 41 mulleres son as vítimas falecidas por mor desta violencia no noso país, 2 en Galicia, ata o día de hoxe. 

Desde que se contabilizan en 2003, o número de mulleres falecidas a mans das súas parellas ou exparellas,  ascende a 1.074.

Detrás destes números, hai historias persoais e familiares, que implican a persoas, a moitas persoas. 

As vítimas son fillas, nais, irmás, amigas, veciñas,... 

A perda destas mulleres desta forma tan incomprensiblemente violenta, enche de dor, tristura e desacougo ás familias delas e ás dos maltratadores.

Oxalá puidésemos parar o contador deste tipo de vítimas, hoxe mesmo, desde xa, NON MÁIS MULLERES MORTAS POLA VIOLENCIA MACHISTA. NIN UNHA MÁIS.

QUERÉMONOS LIBRES E VIVAS.

No noso centro levamos uns días traballando arredor deste tema, que oxalá sirva para que as novas xeracións, realmente se conciencien, de que todxs somos iguais, de que todxs temos que gardarnos respecto e de que nunca se pode xustificar a violencia, hai que dialogar para procurar o entendemento e se non é así, debemos pedir axuda. 

Imos deixar imaxes dalgunhas das propostas levadas a cabo. Desde o noso equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto con Convivencia, quixemos agasallar a toda a comunidade educativa cunha mascarilla reutilizable, na que se amosa unha porta violeta, cun lema "Hai saída" Porque cremos que realmente está nas nosas mans saír desta situación, sempre hai saída, hai que procurala. Temos que educar e concienciar desde pequeniñxs para que NUNCA MÁIS HAXA UNHA VÍTIMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO.

















Aquí vemos ao alumnado de 2º de Primaria, que logo de falar, comentar, debatir, facer lemas, ver videos, ... Así que facendo alarde do seu espírito emprendedor, o día 25 autoconvocáronse a unha manifestación contra o maltrato, prepararon as súas propias pancartas, e baixaron ao patio un chisco antes de que saíra o resto do alumnado do centro e recibíronnos así.
Oxalá que nunca máis o teñan que volver facer. Parabéns, pola vosa empatía e implicación, sodes un gran equipo!


Aquí quedan algúns dos slogans que se crearon para o 25 N, que están expostos no Concello, podedes pasar a velos todos.

Desde o Concello tamén nos agasallaron con pulseiras e con varias actividades sobre coeducación ao longo desta semana.










sábado, 14 de novembro de 2020

MAGOSTO 2020

 CON TODO O QUE NOS ESTÁ PASANDO, POLO MENOS, NESTA OCASIÓN PARA ESTA CELEBRACIÓN, O TEMPO ALIOUSE CON NÓS, E O SOL VEU AO MAGOSTO.

Este martes día 10 de novembro, foi un día un chisco diferente no cole de Pontecesures.

Primeiro, nas aulas traballamos distintas temáticas arredor do Magosto, por exemplo: cantigas, refráns, adiviñas, poemas,...


 A continuación, elaboráronse os cucuruchos para coller as castañas asadas.

 Deseguido, baixou infantil, Primaria e finalmente a ESO, de xeito ordenado, a degustar as castañas, que trouxeran os alumnxs do centro, e que este ano estaban ben boas!

Finalmente, cada curso no seu recinto desfrutou de xogos populares.

XS ASADORXS



INFANTIL 


PRIMARIA

ESO



domingo, 1 de novembro de 2020

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO





Un ano máis chega novembro e con el o día da ciencia en galego, un día, unha semana, un mes ... non, todo o ano, TODO O ANO debería ser a CIENCIA EN GALEGO. Porque o galego, é unha lingua que vale para todo, para as Letras, para a Música, para as Ciencias, para a Arte,... Desde aquí queremos animarvos a que sigades usando a nosa fermosa lingua, todos os días, para todo, tamén para a ciencia.

Aquí deixamos uns videos de experimentos feitos noutros cursos por alumnado do noso centro, agardamos que vos gusten e que os fagades vos, se sodes pequerrechos, pedide axuda a un adulto. 


VOLCÁN ACTIVO


COMO FACER QUE OS DEBUXOS COBREN VIDA

    
                                              FACER SALTARINAS CON OVOS


Chegados a final de curso, o alumnado de 6ºB formulou unha  serie de hipóteses que so se podían comprobar a través da experimentación. E que mellor xeito para resolvelo que poñer en práctica todo o aprendido nos libros e ver como a realidade nos amosa que a ciencia tamén pode ser divertida, instructiva, e por suposto, facela en galego!






PREMIADOS CONCURSO SAMAÍN 2020


CHEGOU O DÍA... AQUÍ ESTÁN AS OBRAS E OS SEUS CREADORES... UN SAMAÍN DIFERENTE, PERO CON ESENCIA GALEGA...

MURAL COS TRABALLOS PREMIADOS


DESDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA QUEREMOS AGRADECER  AO PROFESORADO E AO ALUMNADO DO CENTRO A COLABORACIÓN E  PARTICIPACIÓN NESTE CERTAME, ESTE CURSO HOUBO MOITOS E EXCELENTES TRABALLOS, PUIDEMOS COMPROBAR QUE SODES GRANDES ARTISTAS E FABULOSXS ESCRITORXS,  AGARDÁMOSVOS PARA O VINDEIRO CURSO, CON MÁIS E MELLORES PROPOSTAS.

A CONTINUACIÓN, EXPOÑEMOS AS FOTOGRAFÍAS DOS AUTORES DOS TRABALLOS PREMIADOS, DAS SÚAS OBRAS E OS AUDIOS DOS RELATOS ORAIS .


















AUDIOS DOS RELATOS ORAIS

PRIMARIA

O MONTE NO 31 DE OUTUBRO - RELATO DE 5º EP DE L.T.C.

ESO

ELISABETH - 1º de M.R.D.

RELATO 1º - de H.G.T.

SUSANA    - 2º A  de A.B.M.

CONTO DE MEDO  - 2ºB de Y.M.

A MUDANZA - 3º de R.A.R.

HISTORIA DE MEDO  - 4º de B.G.M.

A CABANA TÉTRICA - 4º de C.C.M.

MENCIÓN ESPECIAL PARA L.V.R. e  L.M.G. polos seus fantásticos relatos, que co seu permiso publicamos.

O COLECCIONISTA  - 4º de L.V.R.

A CABANA DO MONTE - 4º de L.M.G.

Relatos escritos:

Relato 3º EP

Relato 4º EP

Relato 6ºA

Relato 6º B


CONVIDÁMOSVOS A VER OS VIDEOS ELABORADOS POLO EQUIPO DE EXTRAESCOLARES COAS FOTOS DAS CABAZAS QUE ENVIOU O ALUMNADO.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.