mércores, 25 de novembro de 2020

ACTIVIDADES ARREDOR DO 25 N

 25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 N debe ser todos os días. Entre todxs podemos conseguilo, erradiquemos esta lacra do noso mundo. 

Vexamos os datos, que puidemos extraer da seguinte páxina oficial Delegación do Goberno contra a violencia de xénero

Durante o 2020, 41 mulleres son as vítimas falecidas por mor desta violencia no noso país, 2 en Galicia, ata o día de hoxe. 

Desde que se contabilizan en 2003, o número de mulleres falecidas a mans das súas parellas ou exparellas,  ascende a 1.074.

Detrás destes números, hai historias persoais e familiares, que implican a persoas, a moitas persoas. 

As vítimas son fillas, nais, irmás, amigas, veciñas,... 

A perda destas mulleres desta forma tan incomprensiblemente violenta, enche de dor, tristura e desacougo ás familias delas e ás dos maltratadores.

Oxalá puidésemos parar o contador deste tipo de vítimas, hoxe mesmo, desde xa, NON MÁIS MULLERES MORTAS POLA VIOLENCIA MACHISTA. NIN UNHA MÁIS.

QUERÉMONOS LIBRES E VIVAS.

No noso centro levamos uns días traballando arredor deste tema, que oxalá sirva para que as novas xeracións, realmente se conciencien, de que todxs somos iguais, de que todxs temos que gardarnos respecto e de que nunca se pode xustificar a violencia, hai que dialogar para procurar o entendemento e se non é así, debemos pedir axuda. 

Imos deixar imaxes dalgunhas das propostas levadas a cabo. Desde o noso equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto con Convivencia, quixemos agasallar a toda a comunidade educativa cunha mascarilla reutilizable, na que se amosa unha porta violeta, cun lema "Hai saída" Porque cremos que realmente está nas nosas mans saír desta situación, sempre hai saída, hai que procurala. Temos que educar e concienciar desde pequeniñxs para que NUNCA MÁIS HAXA UNHA VÍTIMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO.

















Aquí vemos ao alumnado de 2º de Primaria, que logo de falar, comentar, debatir, facer lemas, ver videos, ... Así que facendo alarde do seu espírito emprendedor, o día 25 autoconvocáronse a unha manifestación contra o maltrato, prepararon as súas propias pancartas, e baixaron ao patio un chisco antes de que saíra o resto do alumnado do centro e recibíronnos así.
Oxalá que nunca máis o teñan que volver facer. Parabéns, pola vosa empatía e implicación, sodes un gran equipo!


Aquí quedan algúns dos slogans que se crearon para o 25 N, que están expostos no Concello, podedes pasar a velos todos.

Desde o Concello tamén nos agasallaron con pulseiras e con varias actividades sobre coeducación ao longo desta semana.










Ningún comentario:

Publicar un comentario