mércores, 2 de decembro de 2020

SONHAMOS, CERTAME DE VIDEOS MUSICAIS

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA RECIBE CON MOITO AGRADO ESTA 

MENSAXE DA NOSA COMPAÑEIRA DE MÚSICA SOBRE UN TRABALLO FEITO CO

 ALUMNADO DE 5º E 6º.


 Estimadas paroleiras e paroleiros:

Nas aulas de 5º e 6º realizamos, ao longo do mes de outubro, un CERTAME DE VÍDEOS MUSICAIS para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado, como xa sabedes, a Carvalho Calero.

Achegámonos á vida e obra de D. Ricardo de man do tema ‘Sonho de Catarina’, do grupo galego A banda da Loba, que se basea  nun poema deste autor.  

Decidimos chamarlle ao proxecto 'Sonhamos, Certame de vídeos musicais', por dúas cuestións: porque o poema fala dun soño e porque a partir do mesmo nós puidemos soñar os nosos propios vídeos.

Primeiro, traballamos a letra e a forma musical da canción, así como o poema no que se basea. A partir de aí, deseñamos unha serie de imaxes (empregando os nosos ordenadores) para cada unha das partes do tema musical.

Agardamos que vos guste o resultado:

5º: https://www.youtube.com/watch?v=eL7OTccTu2s

6ºA: https://www.youtube.com/watch?v=MDGb5JBIMZo

6ºB: https://www.youtube.com/watch?v=M0g0tXCt2Jo


Encántanos recibir todo tipo de propostas nas que a nosa lingua florece como flor de 

primavera, todas estas iniciativas, axudan a que o galego non murche. 

Graciñas Andrea.

Animádevxs compañeirxs, compartide con todxs as marabillosas propostas que estades 

facendo, démoslle alento ao galego.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario