venres, 25 de xuño de 2021

PEQUENO ECOSISTEMA

 A última semana de clase chegaron uns invitados á aula de 2º. Un alumno trouxo unha garrafa que contiña auga do regueiro de San Xulián, pero nesta auga viña realmente un pequeno ecosistema acuático. Entre os elementos que o compoñían estaban:

- a lentella de río - LEMMA MINOR

- caracois de Nova Zelanda- POTAMOPYRGUS JENKINSI

- remeiros ou abellas de auga - NOTONECTA GLAUCA

- peixe espiñoso ou espiñento- GASTEROSTEUS ACULEATUS 

Grazas ao profesor Jacobo puideron identificalos. Despois buscaron información en internet. Aprenderon  moito sobre eles. E ata lle puxeron nome ao peixe PINCHITO.

Aquí quedan unhas imaxes para lembrar, xa que aos poucos días Pinchito e os remeiros, dixéronlles adeus. Aínda que lles ía pasar o mesmo no regueiro porque xa estaba secando. Todos os seres vivos necesitan estar no seu hábitat natural, porque os cambios poden acarrear consecuencias irreversibles.


Se queredes saber máis destes e doutros animais dos ríos galegos recomendamos que vos pasedes por aquí RÍOS GALEGOS

martes, 22 de xuño de 2021

CONTACONTOS- 22 DE XUÑO

 " OS LIBROS DE TITIRITEIRA"

Os libros poden ser pequenos, medianos, grandes, super grandes, con pouca letra, moita, ningunha, con ilustracións ou sen elas, de cores, con títulos na portada,...pero o que teñen en común todos eles é que dentro gardan mundos, aventuras, lugares, personaxes,... que nos trasladan e nos fan vivir esas historias.

Dentro destes 3 grandes libros, sen títulos, estaban agochadas tres grandes historias, unha fábula, un conto de estructura encadenada e unha de piratas. As letras, non estaban. As ilustracións, non estaban. Pero, as personaxes saían dos contos e cobraban vida grazas á contacontos Celtia. Estes tres grandes libros agasallaron aos pequechos do noso centro ( Infantil, 1º e 2º) coas súas fantásticas aventuras.





22 DE XUÑO- FIN DE CURSO

 Fin de curso, o director adicoulle unhas verbas de agradecemento ao bo facer do alumnado, durante este curso tan singular, e desexoulle un feliz verán.

Despois, cantaron unha canción os de 5 anos de Infantil, que despide etapa, en setembro pasan para Primaria.


Tamén cantaron en francés o alumnado de 4º e de 6º.

FELIZ VERÁN A TODXS!  

VISITA DA PROFE BERENA

 Este luns recibimos unha marabillosa visita da profe Berena, moitas preguntas, emocións, propostas de nomes para o bebé que agarda,...

GUAPÍSIMA BERE! OS MONSTROS MELOSOS BOTAMOSTE MOITO DE MENOS!


luns, 21 de xuño de 2021

TEATRO EN TEMPOS DE PANDEMIA

 Chegamos a finais deste curso, có mesmo protocolo que a comezos, polo que, houbo que adaptar as actividades de lecer do alumnado. Por exemplo, o teatro. Aínda que non podemos chegar en directo a todxs coa representación, si se puido facer para algunhas aulas e agora compartimos a súa gravación para que o poidades gozar en familia.

Podemos confirmar que todo o alumnado desfrutou coas pezas tanto o público coma os actores e actrices. Aquí hai madeira de artistas, o pánico escénico que algúns decían que sufrían foi superado. Adiante campións, vós sí valedes!

Aqui deixamos o do grupo de Valores de 2º e unhas fotos das actuacións.






Aquí está a representación da adaptación do conto " A mellor sopa do mundo" do alumnado de 6º e unhas imaxes das actuacións.





Moi ben rapazada, agardamos que na nova etapa que comezaredes en setembro, tamén vos permita seguir realizando propostas coma esta, estaremos encantados de vervos actuar de novo.

luns, 7 de xuño de 2021

CANTAMOS COAS MANS

 O CPI de Pontecesures ven de participar no Concurso "Cantamos con las manos" da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Despois de ensaios e moito
esforzo conseguimos que
 Xela Arias tamén trasmitira o seu sentimento non so coa música de A Banda da Loba, senon coas mans do noso alumnado.

Agora precisan da vosa axuda para escalar postos neste concurso. Picando na imaxe accederás á páxina da FAXPG e poderás votar* o vídeo que che deixamos a continuación para que poidas disfrutalo. 





mércores, 2 de xuño de 2021

CLUB DE LECTURA. ENCONTRO CON DAVID POBRA

 

O autor desta obra é profesor de Lingua Galega e Lingua Castelá no centro este curso.

Liña azul” é unha obra metaliteraria provocadora, que interroga, que propón incorporarnos ao mundo da escritura, percorrer as estacións da liña azul a velocidade de vertixe.

 Unha novela con moito humor, con un detective torpe, que non sabe moi ben cal é o seu obxectivo e que se atopa desorientado no metro de Barcelona.

Ver máis no blog da biblio

http://bibliocesures.blogspot.com/2021/05/encontro-con-david-pobra.html

Desde o equipo animamosvos a que leades esta obra, e que esteades pendentes das novas que atinxen á literatura que se está cociñando nas editoriais, porque David ameaza con seguir publicando, en breve. O seu maxín non para!




Día do Libro

 Esta data ( 23 de abril) conmemorouse  no noso centro, con distintas actuacións, nos diferentes niveis educativos.

Desde o equipo de Biblioteca propuxéronlle ao alumnado e ás familias que se fixeran fotos cun libro e caracterizados dunha personaxe del.

Podedes ollar as distintas propostas e  os premiados no blog da nosa biblioteca

https://bibliocesures.blogspot.com/2021/04/conmotivo-da-celebracion-do-dia-do.html

Os de 4º da ESO, na área de Plástica, realizaron un obradoiro de creación de libros antigos.