A última semana de clase chegaron uns invitados á aula de 2º. Un alumno trouxo unha garrafa que contiña auga do regueiro de San Xulián, pero nesta auga viña realmente un pequeno ecosistema acuático. Entre os elementos que o compoñían estaban:
- a lentella de río - LEMMA MINOR
- caracois de Nova Zelanda- POTAMOPYRGUS JENKINSI
- remeiros ou abellas de auga - NOTONECTA GLAUCA
- peixe espiñoso ou espiñento- GASTEROSTEUS ACULEATUS
Grazas ao profesor Jacobo puideron identificalos. Despois buscaron información en internet. Aprenderon moito sobre eles. E ata lle puxeron nome ao peixe PINCHITO.
Aquí quedan unhas imaxes para lembrar, xa que aos poucos días Pinchito e os remeiros, dixéronlles adeus. Aínda que lles ía pasar o mesmo no regueiro porque xa estaba secando. Todos os seres vivos necesitan estar no seu hábitat natural, porque os cambios poden acarrear consecuencias irreversibles.
Se queredes saber máis destes e doutros animais dos ríos galegos recomendamos que vos pasedes por aquí RÍOS GALEGOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario