O 24 de febreiro de 1837 nace unha nena en Santiago, a que chamarán María Rosalía Rita, que se convertirá en estandarte da nosa lingua e cultura, polos séculos dos séculos, baixo o nome de Rosalía de Castro.
Se queredes saber máis sobre a súa apaixoante e complexa vida, visitade a páxina da Fundación Rosalía.
Desde xa fai uns anos o 24 de febreiro pasou a ser o día de Rosalía.
Como non podía ser doutra maneira no noso centro queremos celebrar este día, escoitando as verbas da homenaxeada, na voz dos nenos e nenas de Pontecesures.
Por iso, xurdiu a seguinte proposta:
Agardamos as vosas producións.
Mentres, para inspirarvos, deixamos uns poemas musicados.
" TECÍN SOIA" pola BANDA DA LOBA.
CASTELLANOS DE CASTILLA por MJ COVER
" ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES" por ASTAROT
Ningún comentario:
Publicar un comentario