xoves, 23 de xuño de 2022

FIN DE CURSO

 O 22 de xuño foi unha data moi buliciosa, con moita algarabía, batifondo e moi moi emotiva. Por moitas razóns, fin de curso, significa moitas cousas, non só a chegada das tan desexadas vacacións, senon, a consecución ou non dos obxectivos (as notas), a festa cós compañeiros e compañeiras, as despedidas, de compañeiros/as que se van, de mestres e mestras que rematan ciclo, ou que se van do centro, por concurso ou por xubilación, os que viñeron substituíndo a outrxs,...

Por todo o dito e máis, o noso centro neste día estivo cheo de emocións. Ledicia e tristura, revoaban entre nós, coma bolboretas que ían dun xardín florido a un inhóspito deserto.

Quero comezar a presentación en imaxes cunha das máis emotivas do día, a despedida das mestras ROSA e PATRICIA. 

A ROSA desexámoslle todo o mellor nesa nova andaina que comeza, nesa etapa da vida que todxs desexamos gozar algún día, a XUBILACIÓN. Sabemos que pola súa forma de ser, vai seguir moi activa, coma sempre. Imos botala en falta todxs ( mestrxs e alumnxs), despois de 18 anos no noso centro, moitas xeracións de rapaces e rapazas coñécena dabondo e non é preciso dicir, que é unha mestra que deixa pegada.    PARABÉNS ROSIÑA!

A PATRICIA, queremos desexarlle moita sorte no seu novo destino. Que siga coma sempre, GRANDE en todos os sentidos! BIQUIÑOS PATRI!

Agora imos co festival propiamente dito, festas nas aulas, actuación dos bonecos do Show dos Pallasos, actuación do grupo Little Neno e rematando coa comilona nas aulas. Aí deixamos un video resumo.

FELICES VACACIÓNS! CARGADE AS PILAS PARA AFRONTAR CON MOITA ENERXÍA O VINDEIRO CURSO!

Reescribo aquí un poemiña creado en cinco minutos na aula de 3º, polxs cativxs, para a súa mestra Rosa:

"Rosa ti eres a árbore

do saber

que nos alimenta e nos inspira.

Que nos enche de valentía

para facer o que menos nos gustaría.

Ai, Rosa botarémoste de menos!

Como as pulgas ao pelo,

coma os toros ao vermello,

como a troita ao mero

coma os vampiros ao sangue.

Ai, Rosa eres marabillosa!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario