Mércores 28 de setembro: Encontro interxeracional, entre persoas con Alzheimer, que viñan en compaña de persoal da Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Alzheimer - AGADEA- e o alumnado de 6º de Primaria. Esta Asociación está a realizar a ruta Marítima do Mar de Arousa cara Santiago, e van visitando os distintos Concellos desta ruta e compartindo experiencias. Hoxe, foi o alumnado do noso centro o afortunado de coñecer e compartir con eles, varias actividades:
- Unha clase de pintura, da man do mestre, da Asociación " A Barcarola", ao tempo que lles ensinaron obras do pintor máis famoso do noso Concello, Carlos Maside.
- Xogos interactivos: O paracaídas,...
Xoves 29 de setembro: Por un día, a Biblioteca do centro convertíuse nun Museo. Baixo o lema " O MUSEO EN CAMIÑO" grazas ó Museo Provincial de Pontevedra, o noso centro resultou agasallado con esta proposta cultural, para darlle a coñecer aos máis pequenos, de 1º e 2º de Primaria, algunhas das obras que se atopan no Museo, vinculadas a distintos Concellos polos que percorre o Camiño Portugués, como por exemplo, o tesouro de Caldas de Reis, o Deus Xano, un Miliario, cadros de Castelao, Seoane,...
Venres 30 de setembro: contacontos na Biblioteca Municipal, dentro da campaña "Ler conta moito" o alumnado de 1º e 2º gozou coa historia musicalizada de " A orquestra de camarote"
Ningún comentario:
Publicar un comentario