Co propósito de celebrar o Día da Paz o Equipo de Convivencia e o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares organizaron para a mañá de hoxe unha xornada ben cargada de eventos.
En primeiro lugar, o alumnado de 6º de E.P. asistiu a un obradoiro de ecopercusión.
Durante o seu primeiro recreo, o alumnado de E.S.O. gozou dunha chocolatada para logo ser relevado polos seus compañeiros e polas súas compañeiras de E.I. e E.P.
O cartel escollido para anunciar a chocolatada (obra de Lucía Pérez Delgado, de 6º de E.P.), que xa non o diciamos, foi o seguinte:
NESTA LIGAZÓN podedes ver outros deseños propostos para o concurso.
Ao tempo, na Biblioteca do noso Centro, era o alumnado de 2º de E.S.O. o que asistía ao obradoiro de ecopercusión.
Para rematar a xornada, celebrouse cadanseu Acto de lectura do Manifesto a prol da Paz, coas actuacións dos grupos que asistiron aos obradoiros de ecopercusión: en primeiro lugar celebrouse o correspondente a E.I. e E.P.
Máis tarde, para pechar a mañá, o de E.S.O.
Unha xornada, salta á vista, para non esquecer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario