sábado, 26 de marzo de 2022

Marcapáxinas sobre José Suárez - Materiais

Como xa comentamos en anteriores entradas desta bitácora, José Suárez é o artista a quen se dedica en 2026 o Día das Artes Galegas, celebrado o pasado mércores.
Para colaborar nesta celebración o EDLG do noso Centro convoca un concurso no que o alumnado (do noso Centro) que queira participar presentará o deseño para o anverso do marcapáxinas sobre José Suárez (ou a súa obra).
Ao tratarse dun marcapáxinas, o formato será 1:3; é decir: se ten 10 cm de ancho terá 30 cm de alto (en realidade, se cortas un folio pola metade "en vertical" xa che queda con 105mm de ancho e 297mm de alto, polo que se adapta bastante ben á proporción requerida). 

O detalle das bases telo NA ENTRADA DO 26 DE MARZO DE 2026 DESTA BITÁCORA.

Para facilitarche o traballo, queremos achegar algunha información sobre o fotógrafo alaricán:

- A proposta didáctica "José Suárez, un fotógrafo humanista" en formato Calameo

- A actividade interactiva en formato Genially sobre José Suárez e o Día das Artes Galegas

- Entrada desta bitácora con ligazóns a noticias sobre José Suárez.

- Apartado dedicado a José Suárez na web do Instituto Uruguayo Argentino.

- Serie fotográfica ROMARÍA E FEIRA DE SAN VITORIO, obra documental de José Suárez, na web do Museo de Pontevedra.

- Fotobiografía de José Suárez:

- Breve reseña sobre José Suárez do Museo de Belas Artes da Coruña.

- Breve reseña sobre unha exposición de José Suárez na Cidade da Cultura na web 'Cultura de Galicia'.

- Algunhas imaxes de José Suárez, das súas obras  ou con información sobre el:


Ningún comentario:

Publicar un comentario