Baixo o título " PALABRAS QUE VEÑEN E VAN" agóchase o proxecto da Biblioteca do centro este curso. As diferentes aulas realizarán propostas arredor desta liña de traballo ó longo do curso.
Este proxecto, é ideal para desenvolver o obxectivo que figura no noso Proxecto lingüístico de centro,
Obxectivo: Vincular o galego a outras manifestacións
culturais que forman parte da identidade dos galegos,
lembrando o seu valor como legado cultural de todas as
xeracións que nos precederon e como vestixio vivo da
diversidade de pobos que conformaron a nosa idiosincrasia
colectiva.
No mes de outubro xa comezamos a aula de 2º ( "a clase das piruletas") a facer actividades con moita ilusión, por exemplo:
Compartir / intercambiar propostas “ Palabras que veñen e van”, entre as distintas clases do centro e con outros centros da contorna ( CEIP Torre- Illa de Arousa e CPI Progreso- Catoira). Por ex: Palabras encadeadas, contos enlazados, as palabras máis fermosas... |
Para levar a cabo esta proposta intercentros, usaremos distintos medios de comunicación: carta/ correo postal, correo electrónico, whatsapp, videochamadas e por suposto, os blogs dos distintos centros.
Comezamos escribindo unha carta para ámbalas dúas aulas de 2º dos centros implicados neste proxecto, enviando no mesmo sobre a 1ª palabra da cadea. Despois fomos recibindo as cartas coas segundas palabras, e así seguiremos ata facer unha cadea de alomenos 20 palabras.
Compartimos tamén postais para felicitar o Nadal...
Recibimos carta de Catoira. Que emoción!
Ningún comentario:
Publicar un comentario