domingo, 31 de outubro de 2021

SAMAÍN 2021

Intentando volver á normalidade, este curso, volvemos a facer exposición de cabazas e productos do outono, decorar corredores e aulas.  Nenos e nenas e algúns mestres e mestras viñeron disfrazados.
Aí deixamos algunhas imaxes destes días.








Mural elaborado polo alumnado da ESO na área de Plástica.



mércores, 20 de outubro de 2021

DAVID REGUEIRO NO NOSO CENTRO

 Este martes 19, o alumnado da ESO, puido deleitarse coas composicións  musicais de DAVID REGUEIRO, que en compaña do seu amigo ISMAEL CABALEIRO,  adiantáronlle ao alumnado algunhas das pezas que formarán parte do seu vindeiro traballo.

Durante a xornada matinal e tamén pola tarde, unhas melosas melodías con moito swing invadiron o corredor da planta baixa do noso centro e saíron polas fiestras abertas á rúa Avelino Pousa Antelo, chamando a atención dos viandantes que por alí pasaban.

David está considerado, no noso país, coma un dos máis relevantes guitarristas de gypsy jazz. 

Cunha ducia de discos editados e centos de actuacións por distintos países do mundo, David caeu este curso no noso centro, para impartir as clases de música ao alumnado da ESO.  

BENVIDO



A BANDA DA LOBA EN PONTECESURES

 Que levante a man o que non estivera o venres día 8, na Prazuela, vendo a Banda da Loba, a ver,  non vexo mans arriba, ... Xa sabía eu que non faltara ninguén. 

Todo o alumnado do noso centro, familias dos mesmos e veciños e veciñas, asistiron este venres ao concerto da BANDA, que estiveron na marabillosa compaña das poetas,  Helena Salgueiro, Nuria Vil, Estíbaliz Espinosa e Vanessa Glemsel,  que homenaxeaban a Xela polas Letras Galegas 2021. 

Este concerto poético estaba dentro do programa " Música x poesía x fotografía. POR XELA!"  promovido pola Xunta e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. 

A Prazuela estaba a rebentar , tiñamos moitas ganas de troula e moitas, moitííííííííííííííííísimas de ver A BANDA DA LOBA. 😻😻



LER CONTA MOITO

 Ao longo deste mes de outubro, o alumnado do noso centro pudo gozar dunhas sesións de animación á lectura na Biblioteca Municipal.

Este foi o programa e algunhas imaxes que nos deixaron.

                                                         * Así representou o alumnado de 1º a súa sesión de contacontos

BIBLIOTECA DO CONCELLO PONTECESURES

LER CONTA MOITO

 

CÓNTAME UN CINE – Brais Moure Vila ( Cinecleta)

 

CATEGORÍA: Audiovisual na biblioteca

A Cinecleta chega a biblioteca. Sesión dinámica, a cargo de Brais Moure, na que se realiza un percorrido pola historia do cinema mesturado con contos cinematográficos.

 Na que coñeceremos tamén os fondos mariños das illas Atlánticas, cunha proxección en directo desde a nosa Cinecleta.

DÍA: 1 OUTUBRO 2021

CURSO: 2º EP

HORARIO: 12:00 h – 12:45 h aprox.


 CONTOS DE CHUCHES AMIL - Francisco Amil Serantes 

 

CATEGORÍA: Actividades de dinamización con música, teatro e danza.

Canción de monstros, ilustrados con cancións de Chuches Amil, aportadas dos seus disco libros “ Un conto ao revés” e “ Monstros. Con ou sen consentimentos”, da colección Sonárbore da editorial Galaxia. Os relatos procuran que os cativos e cativas aprendan a mirar de diferentes xeitos os contos ao aportar diversos puntos de vista ( a ilustración oral por unha banda e a musical por outra).

 

DÍA:   5 OUTUBRO 2021

CURSO: 4º EP

HORARIO: 12:00 h – 12:45 h aprox.


PES DE LOBO

UN HOME LOBO NA BIBLIOTECA( Carballo con Botas)

 

CATEGORÍA: Narración oral

 Un home lobo na biblioteca. O contacontos Anxo Moure transfórmase nun vello home lobo da Serra do Faro para levar as nenas e nenos da biblioteca ate o mundo da fauna e da flora dos parques naturais de Galicia nunha aposta polo coñecemento da contorna con apoio de esculturas de Lomarti, artesanías de Martola, Paz Castro, Brais Moure, pegadas de loba en arxila e oubeos de loba.

 

DÍA: 8 OUTUBRO 2021

CURSO: 1º EP

HORARIO: 12:00 h – 12:50 h aprox.

 

TERRORÍFICAS. HISTORIAS DE TERROR – Andrea Barreira

CATEGORÍA: Obradoiros creativos

Terroríficas é un obradoiro que combina a lectura e a escritura de relatos de terror. A través dunha perspectiva de xénero, crítica e creativa, quen participe viaxará a través de distintas autoras (Mary Shelley, Shirley Jackson, Pilar Pedraza, Cris Pavón, Uxía Casal entre outras) pola literatura de terror. Unha reflexión sobre este xénero literario que lles permitirá construír o seu propio relato.

 

DÍA: 15 OUTUBRO 2021

CURSO: 5º EP

HORARIO: 11:45h – 13:45 h aprox.


CONTAMOS EN IGUALDADE - Patricia Martínez Rodríguez

CATEGORÍA: Igualdade e Violencia de Xénero

Esta contada pola igualdade pretende rachar cos estereotipos dos roles tradicionais asignados aos personaxes dos contos en función do seu xénero, idade, etnia ou mesmo condición social, cultural ou funcional. A través de fermosos contos trataremos de reflexionar sobre a nosa relación cos demais, construíndo entre todos e todas un mundo máis igualitario e pacífico.

DÍA: 19 OUTUBRO 2021

CURSO: 3º EP

HORARIO: 12:00 h – 13:00 h aprox.

 

OBRADOIRO DE PODCAST. APRENDE A REDACTAR, LOCUTAR E EDITAR UN PODCAST, CON TÉCNICAS DE TEATRO E DOBRAXE - SOLOVOZ

CATEGORÍA: Obradoiros creativos.

 

Aprende a crear un podcast. Aprende a redactar, locutar, gravar e editar un podcast. Con técnicas de locución, teatro e dobraxe.

Lectura interpretativa, modulación da voz, vocalización e locución.

 

DÍA: 22 OUTUBRO 2021

CURSO: 6º EP

HORARIO: 11:45 h – 13:55 h aprox.